UNHA XORNADA CON COGAMI

Hoxe contamos cunha gran visita. Os amigos e amigas de COGAMI fixéronnos partícipes do que é un día para eles. Ensináronnos a facer cestos, alfombras, tecer,... Contáronnos contos e bailamos. Gustáronnos as súas historias e chamaron a nosa atención todos os utensilios que trouxeron e que empregan para facilitar a súa vida e a súa autonomía. Non deixedes de ver as fotos e escoitar a entrevista que lle fixemos para rematar esta gran xornada, para nós inesquecible.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet