AXUDAS PARA OS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/25. FONDOLIBROS

Segundo a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B).

  • FONDO SOLIDARIO  de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º  e 6º de Educación Primaria. Para acceder ao fondo solidario deberán devolver antes do 21 de xuño os libros recibidos do fondo solidario no curso 2023/24 en perfecto estado, quedando excluído desta devolución o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
  • AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS de texto para o alumnado matriculado en 1º, 2º de Educación Primaria e en EE, tamén aquel alumnado de NEAE que a xuizo do centro docente non poida empregar o material didáctico existente no colexio.
  • AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado de EP e EE.  

 PRAZOS DE ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN NO CENTRO·  

  • Devolución dos libros do curso 2023/2024: ATA O 21 DE XUÑO (este incluído)
  • Presentación de solicitudes: ATA O 21 DE XUÑO (este incluído)
  • Publicación do listado provisional: 26 DE XUÑO
  • Reclamacións: 27 E 28 DE XUÑO
  • Publicación de listado definitivo: 1 DE XULLO 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:   os modelos de solicitude obteranse por vía electrónica na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) e unha vez cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude e posteriormente optarán por dúas formas de  presentación:

  • Presentación no centro: imprimir solicitude e o anexo II, asinala e entregala coa documentación acreditativa.
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://www.sede.xunta.gal)  

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Formulario ED330B (ANEXOS I E II)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 da orde da convocatoria, achegarase un certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
  • No caso de separación ou divorcio, sentencia xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor
  • Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
  • Resolución xuficial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada
  • Resolución administrativa ou xudicial da acreditativa da situación de acollemento
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos SS.SS ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que os proxenitores ou titor/a legal carezan de DNI e NIE.
  • Copia DNI ou NIE do solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

OBRIGAS:

  • Ter devolto os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2023/2024 en bo estado.
  • Conservar en bo estado os libros de texto e material reutilizable.
  • Destinar o importe do vale a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
  • Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

 

O alumnado de Educación Infantil non ten que solicitala.

O alumnado de 6º de Ed. Primaria ten que solicitala no IES que lle corresponde.

A solicitude será única para todos os fillos/as.

Powered by Drupal - Design by artinet