5 de Xuño día mundial do Medio Ambiente

No Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra cada ano o 5 de xuño, preténdese sensibilizar á sociedade en todos os temas relacionados co medio ambiente, co coidado da biodiversidade e a súa protección. Tamén ten como meta motivar á poboación (tanto a adultos como a nenos), viva onde viva, sexa no campo ou na cidade, na montaña, nos vales ou na costa, a que conecte coa natureza para coidala e protexela.

 

Dende o Ceip Ramón de Valenzuela destacamos o papel das familias así como os educadores que xogan un importante papel na educación ambiental, debemos ensinar aos nenos/as da importancia de coidar o medio ambiente, pero tamén o respecto polo resto de seres vivos, a reciclaxe e a reutilización de materiais, a redución da contaminación… Como nos mostran o alumnado de 1º neste pequeno video.

 

Powered by Drupal - Design by artinet