Digicraft no teu cole

 "DigiCraft no teu Cole" é un proxecto enmarcado dentro do Programa DigiCraft de Fundación Vodafone, que ten como obxectivo formar a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos nas competencias dixitais que lles permitirán afrontar mellor o seu futuro.

 
 
Pero… que significa ser competente no mundo dixital? Ser competentes dixitalmente vai máis aló de poder usar o último dispositivo ou software. A competencia dixital é unha competencia transversal clave que equivale ao uso seguro e crítico da tecnoloxía dixital e cobre o coñecemento, as capacidades e as actitudes que necesitan todos os cidadáns e cidadás nunha sociedade dixital en rápida evolución. Non se trata só de ter acceso a dispositivos tecnolóxicos, senón ao uso que se lles dá e a como se interactúe con eles. Por iso, as e os docentes xogan un papel fundamental como facilitadores e acompañantes, como magos ilusionistas e guías de viaxe na aprendizaxe e desenvolvemento das capacidades dixitais na aula.
 

DigiCraft no teu Cole nace para axudar aos nenos e nenas a adaptarse a esa evolución, para mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece, para sorprenderlles e ilusionarlles, e por suposto para facerlles saber que poden ser os creadores dun mañá diferente.
 
 
Na páxina web do cole tedes acceso a este curso impartido polos nosos compañeiros/as da biblio, no que está traballando todo o alumnado de Primaria e no que se publicarán diferentes actividades que se realizarán ao longo do curso.
 
 
 

Powered by Drupal - Design by artinet