ÚLTIMAS ACTIVIDADES

Ola a tod@s,

estades a piques de rematar unha etapa importante da vosa vida escolar. 

Para min foi unha gran satisfacción compartir con vós unha boa parte dese percorrido, enfadarme con vós, rir con vós, disfrutar dos vosos logros... e sobre todo GRACIAS polo voso cariño, tardarei en esquecer eses "Abrazo a la profe", aínda que moitas veces fose para chantaxearme.

Aquí rematan tamén as TAREFAS. Esta semana non haberá fichas impresas pero sí moitas actividades no BLOG. Hai cousas novas en tódalas entradas. Pinchade en tódalas pestanas para descubrilas. Espero as vosas fotos do que vaidades facendo.

Lembrade, o curso remata o venres 19 de xuño e ata entón seguiremos aprendendo.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet