Skip to Content

Blogue de rosana

Superando medos grazas ao deporte

Hoxe o noso alumnado de primeiro de primaria superou moitos medos facendo uso do rocódromo.

 

Reforzando valores tan importantes como o compañeirismo e o deporte.

O primeiro como valor fundamental para convivir e o segundo vital para desenvolver nos máis pequenos hábitos saudables.

 

As súas caras de ledicia dino todo!

Un Proxecto lector diferente

 

Hoxe no Proxecto Lector o alumnado de 1º gozou cos libros dunha maneira diferente.

Estiveron moi pendentes de cada detalle.

E mesmo tiñan que pescudar algún tesouro agochado, para o cal tiñan que ser moi observadores/as.

Da gusto ver medrar neles o interese pola lectura.

O recuncho do espazo

 

Ao longo destes días, o alumnado de segundo elaborou un recuncho na aula para recoller os traballos e informacións sobre o sistema solar.

Grazas á colaboración das familias aprendemos moitos datos curiosos.

ç

Nos vindeiros días crearemos máis recunchos.

Seguídenos a pista!

E no Samaín...pantasmas mil!

E no Samaín...PANTASMAS MIL!

O alumnado de segundo A fixo unhas pantasmas terroríficas aproveitando que estamos no Samaín e empregando materiais de refugallo.

Que ben lles quedaron!

 

Festexamos o Samaín!

Nestes días o alumnado de 1ºA e 1º B estivo moi atarefado coa decoración de Samaín.

Fixeron adornos para colocar nas portas das aulas e ata no corredor , elaboraron morcegos e gatos empregando materiais de refugallo e moita imaxinación.

 

 

Ademais, tamén axudaron as súas titoras a facer unhas caixiñas moi mañosas para portar as castañas no día da celebración.

 

E no día de Samaín, gozaron da compaña dos apadriñamentos cos seus maiores comendo as castañas, charlando e mesmo xogando.

Sen dúbida, foi un día para recordar!

Pequenos grandes artistas

O alumnado de segundo A para coñecer o mundo artístico da cerámica recolleu información da artista lucense Elena Velasco, da que hai unha exposición na nosa cidade.

 

Facer creacións coas propias mans é toda unha terapia da que gozamos elaborando unhas bonitas xoias.

 

Chega o San Froilán á nosa cidade!

Chegan as festas da nosa cidade! Chega o @san_froilán  !!!!
Este ano temos un cartel cheo de detalles feito polo artista @jordi.sabat .
 A súa obra “Homenaxe” conta con moitos detalles, que o alumnado de 2ºA tratou de representar nestas reproducións feitas con moita ilusión, tratando de simular a gran obra do artista.
Esperemos pasedes un día xenial! @concellodelugo

 

 

Os nenos e nenas de 2º de EP comezan o Proxecto Lector

As nenas e nenos de segundo A, a través de LA JOYA INTERIOR de Anna Llenas, valoramos e respetamos a nosa esencia. Así despois rematamos creando un puzzle simbólico onde todas as pezas son importantes.

 

Festival fin de curso

Estimadas familias!

Compartimos no seguinte video, o festival fin de curso deste curso! Que ben o fixeron.

 

 

 

Exhibición canina

Hoxe o alumnado do CEIP PARADAI, acercouse o seminario para disfrutar dunha exhibición canina.

 

 

 

 

Saída do alumnado de 2º EP a AVIFAUNA

Os alumn@s de 2° visitamos "Avifauna". Neste centro conviven moitas especies de aves e aprendemos un montón de cousas curiosas sobre elas. Poidemos ver flamencos,avestruces,águias,agapornis,galiñas de todo o mundo etc...Viñemos encantados coa visita e con todo o que aprendemos.

 

Plástica 3º educación primaria

En 3º de EP, na asignatura de plástica (en inglés), polo día do libro fixemos uns marcapáxinas con flores secas:

Distribuir contido


by Dr. Radut