Skip to Content

Blogue de rosana

Visita sorpresa

Hoxe tivemos unha visita moi especial, un xogador do Lugo achegouse ata o cole para regalarnos entradas para o partido deste sábado no Anxo Carro. Os seus sorrisos dino todo.

Forza Lugo! Moitas grazas!

Un libro, unha rosa!

O alumnado de segundo celebra o Día do Libro elaborando a coñecida flor de Sant Jordi que levaron de agasallo para as súas casas.

Foi todo un proceso manual!

Día do Libro

Hoxe 23 de abril, o alumnado de prácticas con motivo do Día do Libro interpretou ao alumnado de primeiro, segundo e terceiro unha lenda maorí:"Como Maui capturó el sol", empregando a técnica do KAMISHIBAI.

 

O Bosque da diversidade

Nesta terceira sesión da Hora Muse o alumnado de segundo estivemos continuando o noso Bosque da diversidade.

 

Que necesario é entender e valorar a importancia de que cada quen pode brillar con luz propia e de que xuntos somos máis fortes!

 

Día do Libro

Hoxe o alumnado de prácticas con motivo do Día do Libro interpretou ao alumnado de primeiro, segundo e terceiro unha lenda maorí "Como Maui capturó el sol" empregando a técnica do KAMISHIBAI.

 

As manchas de Palmira

 

Hoxe o alumnado de primeiro con motivo do Día do Libro contamos o conto: As manchas de Palmira, no que seguimos traballando co proxecto dos animais e valoramos a importancia da nosa historia persoal.

Logo elaboramos este bonito marcapáxinas.

O Bosque da diversidade

Nesta terceira sesión da Hora Muse o alumnado de primeiro continuou pintando o seu Bosque da diversidade.

Que importante é entender  e valorar que aínda que todos somos diferentes, todos e todas temos o dereito a brillar con luz propia e que xuntos sempre somos máis fortes.

Unha de repaso! Xogando coas mates!

Esta semana os alumnos e alumnas de primeiro estivemos traballando con Lara, a profe de prácticas a táboa do 100 a través de pequenos retos.

 

Dende formar casiñas con números pares e impares, ordenar os números nunha longa serpe, facer un ditado colorido, practicar a escritura de todos os números e ata crear un código de díxitos para escribir o seu nome.

*GRAZAS POR TODO O APRENDIDO*

Día da Saúde

O pasado día 7 foi o Día da Saúde, así que o alumnado de segundo intercambiou estos corazóns para lembrar a importancia  de coidar o noso órgano principal. 

Do que estamos seguros é que vai cheo de amor!

 

Hora Muse

O alumnado de segundo estivo traballando a mestura de cores na Hora Muse partindo das cores primarias.

Plasmaron as súas mans e formaron este precioso mural en equipo!

Hora Muse

Na segunda sesión da Hora Muse o alumnado de primeiro estivo traballando coa mestura de cores.

 

Partindo das cores primarias elaboraron un mural conxunto cunha bonita mensaxe: "Xuntos somos máis fortes".

Educar en igualdade é máis que dous días ao ano!

Aquí o alumnado de segundo coa axuda da profe de prácticas anda investigando os animais pero en feminino!

Traballamos o goberno

Nestes días o alumnado de segundo estivo a traballar o goberno.

Canto aprendemos!

Mural 8 M

O alumando do CEIP PARADAI, crearon un mural de forma conxunta, no que se espuxeron diferentes biografías de mulleres.

Distribuir contido


by Dr. Radut