Skip to Content

8 M Lazo

Que é o 8M para nós? Cada nenx simbolizou neste fermoso lazo violeta este día tan significativo. Podemos encontrar debuxos de mulleres, os seus nomes, adxectivos, mensaxes, símbolos de protesta…. VAI POR ELAS!

 

Velaí unha escolma dos momentos nos que o alumnado de Infantil participou na creación do lazo:

 

 

Cas mulleres que nos viñeron visitar, e que tiñan profesións relacionadas dalgún xeito ca auga: mergulladoras, axentes forestais, waterpolista, natación sincronizada, policía costeira, etc.

 

8 M

Un video resumo do día de 8 de Marzo,  Día internacional de La Mujer:

 

1º Xornada de inclusión cultural e convivencia

Resumo da experiencia do pasado martes 7 de marzo, onde o alumnado de 6º de EP, na 1º Xornada de inclusión cultural e convivencia co CEIP Aquilino Iglesias Alvariño de Abadin.

Vacantes CEIP PARADAI

Adxuntamos documento do número de prazas vacantes actuais de alumnos no centro escolar para o curso 2023-2024.

(Ticar na imaxe)

Entroido

Mostrámosvos o vídeo do desfile do noso Entroido. Que disfraces máis orixinais, todos relacionados co proxecto deste ano no centro, a AUGA.

IMPORTANTE: PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

ADXUNTAMOS A INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023/2024.

23 Febreiro Día de Rosalía de Castro

Para celebrar o Día de Rosalía o alumnado de 5º e 6º E. Primaria escribiu un conto sobre a vida da poetisa, e o resto do alumnado ilustrou.
Imos amosarvos un anaquiño do traballo feito.

 

PILABOT

CONCURSO PILABOT. RECICLA CON ENERXÍA !

Pais, nais, veciños e veciñas do CEIP Paradai, temos unha nova para todos/as vós.

A nosa escolar vai participar na 4° Edición do Concurso Pilabot da Xunta de Galicia para contribuir coa protección e co coidado do medio ambiente a través da recollida de pilas e acumuladores !

Precisamos da cosa axuda xa que os centros escolares que máis quilos de pilas e acumuladores recollan, obterán grandes premios para a compra de material escolar !

Deste xeito, concienciámonos do perigo dalgúns residuos (pilas e acumuladores) e a súa reciclaxe, polo que estamos axudando  protexer o medio ambiente. Ademais, se conseguimos algún premio, dotaremos de máis materiais e recursos escolares ao centro para mellorar a intervención educativa.

Podédesnos traer calquera pila, acumulador, pila botón ou batería que esté precintado, que se poda portar na man e que non sexa industrial.

Agora xa o sabes todo ! Recolle, avisa e defúndeo ! A canta máis xente chegue mellor !

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !

ADMISIÓN DO ALUMNADO

 

Comeza o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2023/24, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 e co seguinte calendario:

  • Do 15 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023: prazo de reserva para o alumnado que finaliza etapa nun centro e pasa a outro.

 

  • 22 de febreiro de 2023: publicación da listaxe de alumnado con posto reservado.

 

  • Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.

 

  • 25 de abril de 2023: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación.

 

  • 15 de maio de 2023: publicación da listaxe definitiva de admitidos.

 

  • Do 20 ao 30 de xuño de 2023: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.

 

 

Día da Paz en infantil

A semana previa ao 30 de xaneiro, Día da Paz, o alumnado de cada clase decorou unha maceta con debuxos, símbolos e palabras alusivas ó tema. Despois fixemos a prantación dun bulbo en cada maceta.

O día 30, antes do recreo, cada clase foi colocando a súa maceta nunha mesa diante do mural da Paz.

Estas son as fotos correspondentes ao alumnado de E. Infantil.

 

Despois, xunto con todos os nenos e nenas do CEIP Paradai, cantamos a canción Una Receta de Paz no patio.

 

Día da Paz

Hoxe 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz cantando todos xuntos a canción "Unha receita da Paz" de Unai Quirós.

 

E todo o alumnado en conxunto, sementou a Paz de maneira simbólica, e compartin a decoración cos demáis.

Sesións de ioga en infantil

O xoves pasado comenzamos a ter unhas sesións de ioga para os nenos e nenas de E. Infantil. Fixemos as posturas de moitos animais coñecidos por todos: tartaruga, can, gato, cobra, delfín.

Tamén fixemos o saúdo ao Sol e á Terra.

Velaí algunhas fotos.

 

Experimentos na aula de 6º B de E. Infantil

Os nenos e nenas de 6º de E. Infantil fixemos varios experimentos relacionados co cambio climático: volcán, choiva, neve, xeo, ...

A ver cal vos gosta máis!

Distribuir contido


by Dr. Radut