Skip to Content

Blog de rosana

Día das Familias

Traballlamos o Día da Familia a través do conto: "Os meus incríbles veciños". Logo fixemos o debuxo da súa familia e estes bonitos marcos.

Que ben lles quedaron!

Día das Letras Galegas

Este ano o Día das Letras Galegas adicouselle a Luisa Villalta e o alumnado de primeiro para conmemorala fixemos un violín xigante; un dos instrumentos que tocaba a autora e co que pasaba moitas horas "xogando de pequerrecha".

Logo colocámolo no mural colaborativo da entrada e tamén escribiron uns poemas dela nos que logo os nenos e nenas de infantil fixeron uns debuxos.

 

Dentro do Proxecto de Polos Creativos elaboramos unhas pegatinas co deseño do mapa de Galicia, que logo cada neno levou para a súa casa de recordo por este día.

Ademais, dentro do emblema, "Todos unidos nunha mema lingua" fixemos un mapa xigante no que incluímos as bandeiras que gardan relación co noso alumnado ben por lazos familiares ou de procedencia.

Dentro de cada letra do emblema o alumnado escribiu as palabras en galego que máis lle gustan da nosa lingua.

Medramos aprendendo!

Elaboramos plastilina

A semana pasada fixemos plastilina caseira, mesturando ingredientes conseguimos esta cor tan relaxante!

Pescudamos na Rede

O alumnado de segundo estivo a investigar sobre diferentes inventos chegando ata o ordenador.

Así que, para iniciarnos nalgún deles empregamos a Aula Móvil do centro e fixemos algunha procura na Rede, atendendo sempre ás nocións de seguridade que acabamos de aprender.

Collage e grafismo

Nunha das últimas sesións de plástica, o alumnado de segundo combina a técnica do collage e o grafismo.

O resultado son uns peiteados un tanto especiais para esas caras de revista.

Que a creatividade non teña fin!

Excursión ao Auditorio Gustavo Freire

Na semana pasada o alumnado de 1º e 2º asistiu ao Auditorio para ver a actuación musical "Pedro o lobo", interpretado polos alumnos e alumnas do conservatorio.

Como lles gustou!

Excursión ao Auditorio Gustavo Freire

Na semana pasada o alumnado de 1º e 2º asistiu ao Auditorio para ver a actuación musical "Pedro o lobo", interpretado polos alumnos e alumnas do conservatorio.

Como lles gustou!

Hoxe toca plantar no horto

 É tempo de prantar! Os alumnos e alumnas de primeiro baixaron ao horto para seguir traballando o tema das plantas.

Fixeron limpeza das herbas nos bancais, quitaron os caracois e plantaron leitugas, tomates, calabacíns e algunha fresa.

Esta actividade dentro do Proxecto de Voz Natura axudoulle ao alumnado a saber de donde veñen os alimentos que comemos e a valorar a importancia da agricultura.

Visita do Conservatorio Xoán Montes

Hoxe tivemos un concerto didáctico do profesorado dos departamentos de vento metal e corda fretada do CMUS Profesional Xoán Montes de Lugo para o alumnado de 2º e 3º de educación primaria.

Quedamos abraiados e abraiadas do ben que o fixeron!

Hoxe a clase de Ciencias Naturais facémola fóra!

Hoxe tivemos unha clase de Ciencias Naturais moi distinta.

A rapazada de primeiro aproveitamos o bo día para observar as plantas da nosa contorna, a súa diversidade, como teñen as follas e as súas partes.

 

Como estaba tan bo día aproveitamos para merendar no parque e xogar todos xuntos. Que ben o pasamos!

 

Todos somos UMA nalgún momento!

Todos somos Uma nalgún momento. A través desta lectura o alumnado de segundo achegouse á concienciación contra o acoso escolar que se celebra o 2 de maio.

Elaboramos avións e barcos para seguir a nosa viaxe sendo moi moi., moi rarxs!

Semana do libro

En segundo celebramos a Semana do Libro creando estos mini contos tan orixinais que compartimos na hora de ler cos nosos compañeiros e compañeiras.

Visita da alcaldesa

A semana pasada o alumnado de segundo e terceiro B tiveron unha visita moi especial, a da nosa alcaldesa Paula Alvarellos. Nela puideron facerlle moitas preguntas sobre  seu traballo e tamén algunha que outra suxestión como a limpeza dos parques ou a necesidade de poñer un paso de peóns para cruzaren cando van á piscina.

Visita da alcaldesa

Na semana pasada tivemos a visita da nosa alcaldesa Paula Alvarellos. Os nenos e nenas de primeiro e terceiro A puideron facerlle moitas preguntas sobre o seu traballo e tamén algunha que outra suxestión como a de poñer un paso de peóns para cruzar cando van á piscina.

Contenido sindicado


by Dr. Radut