Skip to Content

Educación musical

Educación musical

O son que me arrola ♬

O 11 de novembro, a Asociación Antonio Gandoi, antes Preescolar na casa, presentou no noso Centro, para o alumnado de Educación Infantil, a proposta musical "O son que me arrola": cantos de berce, rimas e instrumentación, para achegar aos nenos e nenas a cultura tradicional galega.

Finalizouse tocando todos xuntos algúns instrumentos feitos con materiais de refugallo, ademáis de facer cada pequeno/a un instrumento para sí mesmo.

♪ ♩  

♪ ♩  

 

 

Damos a lata cantando ,5º e 6º curso

  Quen nunca cantou  polo N A D A L "We wish you a Merry Chritmas " , 

 "Panxoliña de Neda "  ou mesmo "Mi burrito Sabanero " ... non sabe o

  que perde !

 

                   O mellor é facelo en compañía ...

 

 

 ...mais en tempos de pandemia desaconséllano ,sobre todo en sitios pechados,así que podemos entoar a nosa panxoliña de nadal nós soliñ@s !

 

Adoramos este traballo do alumnado de 5º e 6º na clase de Música ,reutilizando estas latas e cunhas partituras moi navideñas !

 

Ensaios do Nadal

O resultado final da actuación musical no festival de Nadal acadouse con ensaios, esforzo e a colaboración de todo o alumnado. Grazas chic@s.

Aleluia,canción da Paz

 

 

O día da Paz tivo como colofón a  canción de Aleluia con letra da profe e cantada polos nenos e nenas.Estiveron moi atinad@s e pendentes para que todo saíse ben.Deixámosvos o vídeo  de como lles quedou no ensaio,xa sen o ruído exterior do patio.Esperamos que vos guste tanto como a nós !

 

 

APRENDENDO A TOCAR A PANDEIRETA

A clase de Música converteuse estes días nunha foliada improvisada que está dando moi bos resultados:mesmo no recreo andan co xesto de repenicar ! A profe acertou de pleno !

Aquí tedes aos maiores de 6º xunto con Adriana,Voluntaria da Universidade coa que contamos por sorte estes meses

FESTIVAL DE NADAL .CANCIÓNS

Este nadal no noso festival tivemos actividades Musicais,coa

interpretación de panxoliñas compostas por Carlos nas que os

maiores tocaban e cantaban ...

                                                    5ºB en acción

 

                                                     5º A moi ben dirixidos

 

                                                        6º A dándoo todo

 

... E Infantil cantaba  acompañando a Primaria ...

                             

Tede en conta que os nervios polas actuacións,a proximidade das

vacacións ,a acústica do local ...non permitiron que fora tan

ben coma nos ensaios ;e aínda así quedoulles moi ben .

 

                                           

                                               PARABÉNS,CARLOS!

 

                         PARABÉNS A TOD@S!

 

Mirade 

os vídeos

nos seguintes

adxuntos:

 

 

 

Chega o Samaín

 

Mentres esperamos pola Noite do 31 cos nosos disfraces preparados

dispost@s a pasalo ben,imos aprender esta canción ...

 

Proxecto multiculturalidad música

Se picades no link ao final do PDF veredes a presentación e escoitaredes alguhas das pezas que cantamos e danzamos.

Contenido sindicado


by Dr. Radut