Skip to Content

Viaxes de despedida

Excursión 6º PRIMARIA á Coruña

O alumnado de cuarto de primaria realizaron o pasado mércores, 14 de xuño, a excursión de fin de curso.

 

Gustoulles moito o Aquarium Finisterrae:

E visitaron o museo do Domus:

Visita ao Museo do Ferrocarril de Galicia

O venres 24 de maio, todos os nenos e nenas de E.I. do CEIP Paradai fomos de excursión a Monforte de Lemos, para visitar o Museo do Ferrocarril de Galicia.

 

Estábamos moi emocionados por facer unha viaxe tan longa, pero moitos de nós pensábamos que tamén íamos ir en tren. Que mágoa! Collimos un autobús no cole e viaxamos todo o tempo nel. Despóis enterámonos que era imposible coller un tren polo horario e non chegaríamos a tempo.

 

Esquecemos ese detalle xa que a viaxe foi moi ben: cantamos cantigas de Cantaxogos, contempramos a fermosa paisaxe chea de xestas froridas, vimos tamén cabalos e vacas nos prados. Cantas vacas!

 

E chegamos a Monforte. De camiño ao museo poidemos ver enormes niños de cigoñas, con duas ou tres cigoñas neles, feitos enriba de torres e postes da luz.

 

Xa no museo, vimos moitos trens: maquetas con vías de ferrocarril e trens como de xoguete, trens en miniatura gardados en vitrinas, locomotoras a vapor e eléctricas e o vagón no que viaxou o rei Juan Carlos I cando era un neno de dez anos e veu a España dende Portugal. Ese vagón estaba moi ben, pero vimos outro tren moi, pero que moi luxoso. Quen viaxaría nel?

 

O máis divertido foi cando nos montamos nun tren cun so vagón para facer un pequeno percorrido ata a Rotonda, onde as locomotoras poden xirar nunha prataforma para virar o sentido da marcha, ou algo así. Era tan vella a locomotora que lle costou arrincar...

 

Nas seguintes fotos xa vedes o ben que o pasamos.

 

 

Despois de rematar a visita no museo, chegou o tempo da merenda e dos xogos.

Qué ben o pasamos!

 

 

Visita de 4º de PRIMARIA a Sotavento

 O alumnado de 4º de PRIMARIA o 27 de maio de maio, estivemos de visita no Parque Eólico de Sotavento:

Onde nos explicaron como facer unha casa máis eficiente aproveitando as vantaxes que nos ofrece a natureza, con enerxías renovables combinandoo coa domótica.

 

 

Saída de 3º e 4º a Xanceda

A granxa Xanceda ten moito que ofrecer,por eso o profesorado de 3º e 4º decidiu ir alí cos nen@s e así  poder coñecer un pouco máis o medio rural ,disfrutando dos animais no seu hábitat.

Todo empezou cunha pequena explicación mentres nos ensinaban a finca...

Comezamos polas pitas,e como nos deixaban darlles de comer,démoslle uns graos de millo que picotearon nas nosas maos deseguida !

Despois chegou o momento dos burros,as vacas ...

ponis , ovellas...e os cans que todo o controlaban !

 Tod@s queriamos acariñar os animais ademais de alimentalos !

Pero sen dúbida o que esperabamos con máis ganas era darlle o biberón aos xatos! Puxémonos maos á obra e notamos que  mamaban con moita ansia ...porque nós tamén o faciamos moi ben! Ah,e tamén nos explicaron o proceso de muxir as vacas !

Rematamos a visita pasando pola antesala da produción de iogures,onde estaban as diferentes variedades que comercializan . Antes de marchar tiveron o detalle de agasallarnos cun imán para cada un de nós e ...iogures,claro ! 

                                 Quedamos encantad@s !

                           Moitas grazas á Granxa Xanceda !

 

 

Visita de 6º primaria ao Castro de Viladonga

Os alumnos de 6º de primaria visitaron o Castro de Viladonga:

 O primeiro en coñecer foi o MUSEO ARQUEOLÓXICO:

 Onde comezamos cun video explicativo do Castro:

 E despois unha competición de descubrimentos arqueolóxicos:

 

A continuación fixemos unha visita ao Castro, onde nos informaron dunha breve historia do descubrimento recente do Castro de Viladonga,  onde a excavación comezou no ano 1971, cando un agricultor atopou un "torque":

 

 

 

Tivemos a oportunidade de pasear pola muralla, que era defensiva e de protección cunha altura duns 5 metros de alto pola cara interior...

E de 12 metros na parte exterior...

Recentemente, próximo a muralla exterior, descubriuse espazos onde albergaban os animais máis grandes.

Tamén nos contaron que se descubriron xa 70.000 pedazos de cerámica:

Como cociñaban antigamente

E tivemos o privilexio de ver uns  líquenes fluorescentes que son unha especie en perigo de extinción:


 

Pasámolo moi ben!

Saída ás Insuas de Rábade,1º curso

Se pensades que tivemos mala sorte porque nos choveu na saída que fixemos en maio,tedes razón.Pero non sabedes o ben que o pasamos e canto aprendimos !

Logo dun pequeno paseo  a pé,chegamos onde nos agardaba un monitor moi simpático que nos ía amosando a fauna e a flora destas Ínsuas de Rábade

Cando chegou o momento de voltar,pasamos de novo pola ponte e nos diriximos a facer unha última actividade,esta vez no interior da Casa das Insuas


Foi unha mañá estupenda malia a chuvia ! Esperamos repetilo con sol dentro dun tempiño !

2º de E.P. visita San Paio de Narla

O día 23 de maio do ano 2018 os alumnos/as de 2º de Educación Primaria acompañados das súas respectivas titoras e a profesora de Música viaxamos á Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) Lugo.

 

 

 

 Chegamos á Fortaleza con moita ilusión.

 

Xa dentro explicáronnos o que era a Fortaleza

 

Seguimos observando.....

Vimos a raiña da Fortaleza e falamos con ela....

 

                                       Fixemos rosquillas 

 

                      No máis alto da torre cantamos e vimos a paisaxe que rodea á Fortaleza

 

           Ao baixar da torre atopamos un tesouro!!!!! As nosas rosquillas......mummmm

 

                                       O rei agasallounos coas rosquillas!!!!! Que ricas!!!!

E ademáis doutras sorpresas esta visita chegou ao seu fin.....que ben o pasamos!!!!!

 

Visitamos o Castelo de Pambre

O día 22 de maio de 2018 o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil gozamos dunha saída escolar ao Castelo de Pambre, collemos o autobús e aló nos fomos, ao municipio de Palas de Rei. 

 

 

Cando por fin chegamos, mentres as profes collían as entradas, os nenos sentáronse un pouquiño porque tivemos que dar un paseíño que mereceu a pena...que castelo TAAAN grande!  

 

 

 

 

 

Chegou o momento, imos ver como é o castelo por dentro...

Voltamos para a entrada porque escoitamos un ruído extraño... e decidimos facer un feitizo! 

 

TACHÁN, TACHÁN! 

Apareceu un cabaleiro!  

O cabaleiro explicounos cal era o seu traballo, as vestimentas típicas da época e deixounos coller a súa espada...e vaia como pesaba! 

 

Visitamos todos os recunchiños que puidemos...

 

E chegou a hora de irnos... pero antes o cabaleiro deunos un agasallo! 

 

Démoslle as grazas e despedímonos del, deica a próxima! 

 

 

 

Excursión a Avifauna

O Pasado venres 4 de maio, o alumnado de 3º e 4º de primaria, fomos de excursión
a Avifauna, un parque zoolóxico que está deseñado para a realización de visitas guiadas,
mediante un percorrido a través dun coidado xardín botánico no que os participantes
poden observar a riqueza e variedade de aves dos 5 continentes, repartidos
en 76 recintos.
Foi unha experiencia moi enriquecedora e pasámolo moi ben!!!

Visita guiada a pé polo Lugo romano en 6º curso

O venres 6 de Abril, os alumnos de 6º de Primaria visitaron os principais vestixios do Lugo Romano, acompañados polo arqueólogo, que previamente impartira no centro unha charla sobre este tema. Ao longo de toda a mañá puideron apreciar diversos restos como: o Acueduto Romano na Rúa de San Marcos, a Piscina Romana na Praza de Santa María, o Templo Romano no Círculo das Artes, a Casa dos Mosaicos en Doutor Castro, a fascinante Domus do Mitreo e algunhas das catro portas romanas que aínda conserva a muralla hoxe en día. Ademáis na Sala de exposicións Porta Miñá viron moitos obxectos dos que se atoparon en diferentes excavacións, algúns deles con gafas tridimensionais! Foi unha mañá verdadeiramente intensa e emocionante!

 

 

Visita a Santa Eulalia de Bóveda de 5º Primaria

Continuando co Plan Proxecta, Etnografía e Medio Ambiente en Lugo, os alumnos e alumnas de 5 de Primaria, fixeron unha visita neste mes de abril a Santa Eulalia de Bóveda.

Santa Eulalia de Bóveda, é un santuario tardo-romano do século III construído a 14 quilómetros da Antiga Lucus Augusti. É un dos lugares máxicos de Galicia e único en toda Europa . Descóbrese en 1926 e en 1931 declárase Monumento Artístico Nacional. Hoxe cualifícase como Ben de Interese Cultural, baixo titularidade da Xunta de Galicia. 

31072896_10156189224534020_8129414818984529777_n_0.jpg

Non contamos con outro edificio das mesmas características en todo o territorio ocupado polo Imperio Romano. Consérvanse unhas pinturas murais romanas extraordinarias e de gran realismo con colorido impresionante nas que se representan diversas aves como pavos reais, pombas ou faisanes.

31036950_10156189224759020_559175025920794265_n.jpg

 TERMAS ROMANAS

Aproveitamos a saída para visitar as Termas Romanas e a Ponte Romana da nosa cidade.

31091856_10156189224054020_959374372923658308_n.jpg

As Termas Romanas é un dos monumentos mais representativos do legado cultural romano.

31124632_10156189223919020_7061013443384066855_n.jpg

 Para cruzar o río, os romanos construíron unha gran ponte de granito , da que se conservan partes de fábrica orixinal romana en varios dos seus alicerces.

31052357_10156189224169020_7482710690897389394_n.jpg

Contenido sindicado


by Dr. Radut