Skip to Content

1º Curso

Hoxe toca plantar no horto

 É tempo de prantar! Os alumnos e alumnas de primeiro baixaron ao horto para seguir traballando o tema das plantas.

Fixeron limpeza das herbas nos bancais, quitaron os caracois e plantaron leitugas, tomates, calabacíns e algunha fresa.

Esta actividade dentro do Proxecto de Voz Natura axudoulle ao alumnado a saber de donde veñen os alimentos que comemos e a valorar a importancia da agricultura.

Visita da alcaldesa

Na semana pasada tivemos a visita da nosa alcaldesa Paula Alvarellos. Os nenos e nenas de primeiro e terceiro A puideron facerlle moitas preguntas sobre o seu traballo e tamén algunha que outra suxestión como a de poñer un paso de peóns para cruzar cando van á piscina.

Visita sorpresa

Hoxe tivemos unha visita moi especial, un xogador do Lugo achegouse ata o cole para regalarnos entradas para o partido deste sábado no Anxo Carro. Os seus sorrisos dino todo.

Forza Lugo! Moitas grazas!

As manchas de Palmira

 

Hoxe o alumnado de primeiro con motivo do Día do Libro contamos o conto: As manchas de Palmira, no que seguimos traballando co proxecto dos animais e valoramos a importancia da nosa historia persoal.

Logo elaboramos este bonito marcapáxinas.

O Bosque da diversidade

Nesta terceira sesión da Hora Muse o alumnado de primeiro continuou pintando o seu Bosque da diversidade.

Que importante é entender  e valorar que aínda que todos somos diferentes, todos e todas temos o dereito a brillar con luz propia e que xuntos sempre somos máis fortes.

Unha de repaso! Xogando coas mates!

Esta semana os alumnos e alumnas de primeiro estivemos traballando con Lara, a profe de prácticas a táboa do 100 a través de pequenos retos.

 

Dende formar casiñas con números pares e impares, ordenar os números nunha longa serpe, facer un ditado colorido, practicar a escritura de todos os números e ata crear un código de díxitos para escribir o seu nome.

*GRAZAS POR TODO O APRENDIDO*

Hora Muse

Na segunda sesión da Hora Muse o alumnado de primeiro estivo traballando coa mestura de cores.

 

Partindo das cores primarias elaboraron un mural conxunto cunha bonita mensaxe: "Xuntos somos máis fortes".

A roda dos alimentos

Esta semana o alumnado de primeiro estivo traballando a roda dos alimentos.

Para elo, empregaron un folleto de supermercado e clasificaron os alimentos  nos distintos grupos segundo aprenderon no tema de naturais.

Festexamos a Rosalía!

Para festexar o Día de Rosalía os nenos e nenas de primeiro fixemos un mural coa súa imaxe e traballaron a súa vida e obra nun pequeno libriño, un recurso de amestracris.

O Entroido xa chegou!

O entroido chegou e con el as nosas gañas de festexar. O alumnado de primeiro con moita ilusión creou o seu disfrace empregando materiais de refugallo e tomando como fío condutor o Proxecto de Nova Zelanda que se leva a cabo este ano no cole.

Como en Ciencias Naturais estamos traballando os alimentos disfrazámonos dun alimento típico deste lugar: o kiwi.

 

Cabe engadir que a meirande parte do proceso foi feito por eles. Que artistas!

Adeus outono, adeus!

 

 

E pouco a pouco o alumnado de primeiro vaise despedindo dunha estación chea de cores experimentando coas distintas técnicas de pintura na que tiveron tamén cabida as emocións.

 

Ademáis tamén traballaron en equipo colaborando na creación dunha vidreira en forma de folla, empregando a idea do mosaico coas cores de outono coas cales quixeron decorar as ventás.

 

 

Xa están argallando na decoración de Nadal! Non o perdades!

O alumnado de 1º NON queremos máis MANDÓNS!

Co gallo de conmemorar o 25N o alumnado de primeiro A e B estiveron traballando no proxecto lector distintos contos: Daniela Pirata, Maruxa, o país dos mandóns... e escolleron facer un mural conxunto deste ultimo.

 

Deste xeito, encarcelaron coas súas mans cor violeta aos mandóns, vestíronse de superheroes e promulgaron valores como a xustiza, a igualdade de oportunidades, a educación...

BRAVO POR ELES E ELAS!

Superando medos por medio do deporte!

Cantos medos superou o alumnmado de 1º no rocódromo.

Mesmo aprenderon valores como o compañerismo e a necesidade de facer deporte na vida diaria.

 

Que gusto velos gozar e aprender xuntos!

Un Proxecto lector diferente

 

Hoxe no Proxecto Lector o alumnado de 1º gozou cos libros dunha maneira diferente.

Estiveron moi pendentes de cada detalle.

E mesmo tiñan que pescudar algún tesouro agochado, para o cal tiñan que ser moi observadores/as.

Da gusto ver medrar neles o interese pola lectura.

Festexamos o Samaín!

Nestes días o alumnado de 1ºA e 1º B estivo moi atarefado coa decoración de Samaín.

Fixeron adornos para colocar nas portas das aulas e ata no corredor , elaboraron morcegos e gatos empregando materiais de refugallo e moita imaxinación.

 

 

Ademais, tamén axudaron as súas titoras a facer unhas caixiñas moi mañosas para portar as castañas no día da celebración.

 

E no día de Samaín, gozaron da compaña dos apadriñamentos cos seus maiores comendo as castañas, charlando e mesmo xogando.

Sen dúbida, foi un día para recordar!

Contenido sindicado


by Dr. Radut