Skip to Content

Educación primaria

O camiño de Santiago

O CAMIÑO DE SANTIAGO

O camiño de Santiago

UN MISTERIO QUE RESOLVER NA AULA DE 2ºA

O alumnado de 2ºA participou nunha actividade de Matemáticas na que os alumnos e alumnas tiñan que resolver un misterio ocorrido na súa aula. Para iso, tiveron que recorrer os corredores do colexio en busca de pistas a través duns mapas e contar as baldosas para chegar a elas. 

UN MISTERIO QUE RESOLVER NA AULA DE 2ºA

Día da muller e a nena na Ciencia , 3º Ciclo

A Semana da Muller e a Nena na Ciencia no cole empezou cunha actividade proposta polo equipo de Biblioteca que os nenos e nenas agardan con moita expectación: averiguar, mediante pistas diarias,a persoa agochada;este ano tocoulle á ...Científica Investigada !

Tivemos a sorte de contar con Neves Seoane ,física da atmosfera e  directora do CIAR,o Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas, un  Centro punteiro para ensaio de voos non tripulados en Europa que temos a só 15 km de Lugo

 

Para poder cumprir co protocolo Covid,6ºA quedou na sala multiusos seguindo a charla de xeito presencial,mentres que 6ºB o facía por videoconferencia desde outra  aula,aínda que tamén contaron coa presencia de Neves cara o final

Contamos tamén coa bióloga María Veiga ,profesional adicada á seguridade e tecnoloxía alimentarias, que estivo cos grupos de 5º .

                                                         5º B

Se vos quedades con ganas de saber máis do traballo destas dúas mulleres científicas ,máis adiante teredes a oportunidade ,xa que as nosas preguntas quedarán reflexadas no xornal escolar a xeito de entevista.Non volo perdades!

                                                               5º A

 

                                                       6ºA

 

                                                             6ºB

 

Non nos queda máis que agradecerlles a Marta Veiga e Neves Seoane que fixeran un oco na súa axenda para vir ao noso cole no Día da muller e a nena na Ciencia;agradecerlles tamén o entusiasmo  que nos transmitiron polo que fan e por animarnos - sobre todo ás nenas- a conseguir todo o que nos propoñamos ,sigamos ou non unha carreira científica,malia as trabas do camiño simplemente por ser muller.

           

            MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  AO  CEIP  PARADAI !

                 GRAZAS TAMÉN POLOS AGASALLOS !

 

Día da Paz , 3º Ciclo

                                 MAR  DE  PAZ

Este foi o lema escollido no cole para celebrar o Día da Paz.Cun fondo de mar azul fomos poñendo botellas cada unha con información da persoa elexida ,e así nos quedou.Esperamos que vos guste.

O alumnado de 5º B preparou este vídeo con algúns dos seus traballos sobre Malala.

 

En 5º A optaron por José Andrés

 

O grupo de 6ºA escolleu a Leymah Gbowee

 

Federico Mayor Zaragoza foi o elexido por 6º B

Ademais de aprender sobre o noso persoeiro da Paz,puidemos tamén facelo do resto de personaxes dos outros cursos,xa que o profesorado de Ensino Físico preparou actividades  de busca de información no mural  moi divertidas  e que nos obrigou a ler todo para avanzar nelas !

 

E lembrade que tedes á vosa disposición o Kahoot da Paz elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua con todas as preguntas que fixemos .Animádevos a facelo !

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut