Skip to Content

Contratos-Programa

8 M - Visita de Carmen Lence

Continuamos coas conmemoracións do Día da Muller! Ao longo do mes de marzo, o noso alumnado de 4º,5º e 6º visitou a fabrica de leite RIO de GALICIA e o mércores achegouse ao noso centro Carmen Lence, a presidenta do grupo lácteo gallego e do club de baloncesto Río Breogán. Un pracer escoitar a esta muller libre, emprendedora, valente, viaxeira e con moitas miras de futuro!

 

 

O alumnado de 4º tiña unha sorpresa para ela, pois realizaron un traballo sobre a súa biografía que xa vos digo… encantoulle!!!

 

Mural 8 M

O alumando do CEIP PARADAI, crearon un mural de forma conxunta, no que se espuxeron diferentes biografías de mulleres.

23 febreiro - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro en conmemoración do Día de Rosalía de Castro, visitáronnos dúas profesoras do noso centro que nos contaron a vida e obra da artista.

30 XANEIRO DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro, o alumnado e o profesorado do CEIP PARADAI, proclamou que "non queremos máis loitas no mundo".

25 novembro - Dia Internacional Contra la Violencia de Genero

Diaconía sumase ó traballo que fai o cole Paradai para que a memoria das irmáns Mirabal no caiga no esquezo.

 

 

 

20 de novembro

Con motivo da conmemoración do 20 de Novembro, Día dos dereitos das/os nenas/os, o alumnado de 3º xuntouse co alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do CIFP Porta da Auga de Ribadeo para facer un video reivindicativo xuntando arte e dereitos e experimentando como o ven as diferentes idades.

Os nenos e nenas de 2º de EP comezan o Proxecto Lector

As nenas e nenos de segundo A, a través de LA JOYA INTERIOR de Anna Llenas, valoramos e respetamos a nosa esencia. Así despois rematamos creando un puzzle simbólico onde todas as pezas son importantes.

 

Actuación plaza Santa María 5º e 6º primaria

O pasado 12 de maio o alumnado de 5º e 6º de primaria participou no concerto HEIKO, con máis centros escolares, como iniciativa do ARDE LUCUS 2023.

Foron acompañados do alumnado de 6º Educación Infantil e 2º, 4º de Educación Primaria.

Nos seguintes vídeos pode se ver o ben que o fiseron:

 

 

 

 

 

 

 

Scape room DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A continuación un pequeno resumo do SCAPE ROOM que o alumnado de educación primaria disfrutou a semana pasada, en conmemoración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023 dedicado este ano o escritor Francisco Fernández del Rego.

 

Xadrez 3º EP

Nas seguintes fotos amosamos a actividade de 3º educación primaria praticando o xadrez.

Feo! - Caramuxo Teatro

Feo! é un espectáculo teatral (Caramuxo Teatro) inspirado no famoso conto de Hans Christian Andersen, O parrulo feo.

Hai unha pequena fábrica de parrulos de goma... 

 

 

 

Kamishibai: El señor Nimbo y la máquina de nubes

No marco das celebracións do Día do Libro, o venres 21 de abril, na biblioteca do centro, as alumnas de prácticas léronnos o conto "El señor Nimbo y la máquina de nubes", utilizando o recurso do Kamishibai, que, en xaponés, quere dicir "teatro de papel".

Despois de rematar o conto, algúns nenos/as de 5 anos atrevéronse a ler un anaquiño do mesmo.

ARDE LUCUS - A raíña Boudica

O venres 21 de abril, a Asociación LUCUS ICENAS MILIATORE trouxo o Arde Lucus ao noso cole, para os nenos e nenas de 5 anos. Representaron a historia da raíña dos icenos, Boudica, que loitou contra a ocupación romana de Britania.

Ao final da actuación, pintáronnos a cara, para que nos sentíramos un pouco guerreiros.

O vindeiro venres 28, farán o mesmo para o alumnado de 3 e 4 anos. Seguiremos publicando fotos deles.

Contenido sindicado


by Dr. Radut