Skip to Content

5º Curso

Ensaio Helio

O alumnado de 5º e 6º está a realizar un novo ensaio para actuar como o curso pasado no centro, conmemorando o pasado romano da nosa cidade. 

Eclipse

Aínda que a eclipse de hoxe será parcial, o interese dos alumnos de 5º de primaria foi total, así que estivemos lendo noticias e facendo actividades relacionadas co tema. Sabíades que en 2026 en Galicia poderemos vivir unha eclipse total única en 575 anos? Tócanos esperar!!!

Jane Goodall

Hoxe, 3 de abril, celebramos en 5º B o 90 aniversario de Jane Goodall, coñecida etóloga que adicou parte da súa vida ao estudo do comportamento dos chimpancés e á loita pola conservación e o benestar animal. Despois de visionar o seu documental "El viaje de Jane" seguimos aprendendo un montón de cousas sobre esta marabillosa muller. Noraboa "institutojanegoodallesp.

Dia Mundial do Autismo

Hoxe en 5º fixemos unha actividade polo Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. 

8M

Durante os días previos ao 8M, en 5º de primaria estivemos traballando cun material creado por @mestraru, o cal nos deu a oportunidade de coñecer a diferentes mulleres da historia de Galicia.

Móvete

Móvete! Quen dixo que para preparar un exame tiñamos que estar quietos? Hoxe en 5º repasamos lingua galega buscando as preguntas pola clase e cubrindo as respostas individualmente ou coa axuda dos nosos compañeiros/as. 

 

Inclusión espontánea

A importancia da aprendizaxe de idiomas para entender as culturas. A importancia da cultura para aprender un novo idioma. Mentras un alumno/a mellora o seu castelán, os seus compañeiros/as interésanse por coñecer o seu idioma. INCLUSIÓN ESPONTÁNEA.

Autorretratos

Autorretratos realizados polos alumnos e alumnas de 5ºB utilizando a técnica do puntillismo e baseados na obra do artista americano do Pop Art, Roy Lietchenstein.

Prensa-Escola La Voz de Galicia

O alumnado do terceiro ciclo comezou a súa participación no Programa Prensa-Escola que é unha aposta de La Voz de Galicia para que o xornal chegue á escola e se converta nun elemento pedagóxico importante no proceso de aprendizaxe do alumnado. O seu obxectivo é que, a través das súas páxinas, os escolares desenvolvan o sentido crítico que lles axude a converterse en cidadáns dunha sociedade plural e democrática.

Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

Dentro das actividades realizadas no centro con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, o alumnado de 5º de Educación Primaria asistiu á primeira sesión dun obradoiro pertencente ao Programa Socioeducativo de Prevención da Violencia de Xénero da Casa da Muller, no que se lles están a proporcionar as ferramentas necesarias para acadar cambios positivos nas súas actitudes e así favorecer as relacions en igualdade.

OBRADOIRO JUAN SOÑADOR

O pasado 26 de outubro o  alumnado de 5º de EP participou e desfrutou  da xornada sobre voluntariado da Fundación Juan Soñador na que coñeceron de primeira man a importancia da labor dos voluntarios e voluntarias.

 

 

 

CURSO 23-24 5º PRIMARIA

ATRAPADOS NA CLASE!

Neste Escape Room de Samaín o alumnado de 5º en 6º quedou… atrapado na clase!!

Tiveron que demostrar os seus coñecementos sobre a orixe desta festividade, e coa axuda da súa intuición e a comunicación cos seus compañeiros e compañeiras… Conseguiron sair!!

 

Kamishibai

As nenas e nenos de 5º e 6º de primaria realizamos neste terceiro trimestre un kamishibai para representar despois aos nosos compañeiros e compañeiras na biblioteca. O conto foi elaborado totalmente por nós, tanto os debuxos como o texto. Cremos que aos nosos compañeiros /as lles gustou moito. Titúlase " A gota perdida" e aquí vos deixamos algunhas fotos.

 

5º Exposición "Lugo no tempo"

O día 23 de maio os alumnos de 5º de Primaria foron visitar a exposición "Lugo no tempo" de Afundación situada na Praza Maior. Descubriron cousas moi interesantes sobre a nosa cidade, como que ata os anos 70 había casas bordeando a muralla pola parte exterior. Despois realizaron un taller sobre impresión en 3D e fabricaron a súa propia "porta da muralla". 

Dragóns no Clube de Piragüismo

O alumnado de 5º de Primaria saíu o pasado venres 19 de maio ata o Clube de Piragüismo para realizar unha actividade con "dragóns", unha especie de canoas equipadas para unhas 25 persoas. Como eran moitos, foron en dous dragóns diferentes. Cremos que lles encantou a experiencia e que lles gustaría  repetir outro ano máis. 

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut