Skip to Content

6º Curso

Contacontos Ana Meilán

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, tivemos a sorte de contar coa presenza de Ana Meilán, que nos amenizou cos seus contos unha día tan sinalado para galegos e galegas. 

Kamishibai en inglés

Con Lillie como narradora, o alumnado de 6º xunto con outros compañeiros/as do centro, interpretaron un conto neozelandés. Que ben se desenvolveron usando a lingua de Shakespeare!!

Robótica aplicada ás matemáticas

Aproveitando que tivemos a Carlota no cole facendo prácticas, durante varios días algúns alumnos e alumnas de 6º recibiron formación sobre robótica aplicada ás mates. Creo que lles encantou!!.

Visita a Equigal

O pasado 6 de maio tivemos a oportunidade de visitar Equigal no Pazo de Feiras e Congresos. Recibimos información sobre o mundo dos cabalos e logo puidemos probar as nosas habilidades como xinetes. Foi toda unha experiencia!!!

Visita a Leite Río

O pasado 14 de marzo fomos a unha das plantas de Leite Río no polígono do Ceao a facer unha visita. Ata conseguimos ordeñar unha vaca de mentira!!! A ver se sodes capaces de identificar ao voso/a granxeiro/a!!

Formación RCP

Hoxe tivemos a sorte de recibir unha formación de RCP no centro. Moitas grazas a Rubén por cambiar o seu alumnado na universidade e vir darnos este pequeno curso.

Día de Rosalía

Hoxe, Día de Rosalía, tivemos a grandísima sorte de que nos acompañase no seu aniversario. Que sorpresa máis grata levamos!!! Moitas grazas, Rosario. Gústanos que nos visites!!!

  

 

Entroido maorí

Como o tema do proxecto de centro deste curso era Nova Zelandia, que mellor para celebralo que disfrazarnos de maorís. Así quedamos!!

 

Visita a A Coruña (Aquarium Finisterrae e Planetario)

O día 30 de xaneiro realizamos a nosa excursión de fin de curso. Si, xa sei que é moi cedo pero as circunstancias requeríano así. Visitamos o acuario e o planetario, e creo que alumnos e profes o pasamos francamente ben. 

Obradoiro Escola sen Violencia

Ao largo desta semana imos celebrar varias sesións dun obradoiro contra a violencia. Aquí vos deixamos algunhas imaxes: 

PRESENTACIÓN LILLIE NOVA ZELANDIA

Hoxe o alumnado de 5° e 6° desfrutou dunha emocionante clase de inglés coa presentación que nos fixo Lillie sobre Nova Zelandia. Quedamos con ganas de visitar o país!!

ACTIVIDADE SOBRE CIBERSEGURIDADE E ACOSO EN REDES

A semana do 18 de novembro realizamos no centro unha actividade dentro do Plan Director impartida pola Policía Nacional sobre ciberseguridade e acoso nas redes dirixida ao alumnado de 6º de Primaria. 

 

ROCÓDROMO

O pasado 25 de setembro o alumnado de 6º de primaria acudiron ao rocódromo situado no Pazo de Feiras e Congresos invitados por Deporte Escolar. Foi unha experiencia que lles encantou e vimos auténtic@s escaladores e escaladoras; todos moi valentes!!.

 

 

6º PRIMARIA 23-24

ATRAPADOS NA CLASE!

Neste Escape Room de Samaín o alumnado de 5º en 6º quedou… atrapado na clase!!

Tiveron que demostrar os seus coñecementos sobre a orixe desta festividade, e coa axuda da súa intuición e a comunicación cos seus compañeiros e compañeiras… Conseguiron sair!!

 

I xornada de inclusión cultural e convivencia 6º EP

O luns 20 de marzo,  tocou a segunda parte da I xornada de inclusión cultural e convivencia. Leváronnos a unha granxa e emocionámonos moito porque puidemos tocalas e darlles de comer. Ao chegar ao CEIP Aquilino Iglesia tiñamos unha benvida cun montón de manxares riquísimos e para terminar a xornada, unha búsqueda do tesouro cos que nos divertimos moitísimo. Moitas grazas polo gran día que pasamos! Pasámolo de marabilla!

Contenido sindicado


by Dr. Radut