Skip to Content

2º Curso

Visita do Conservatorio Xoán Montes

Hoxe tivemos un concerto didáctico do profesorado dos departamentos de vento metal e corda fretada do CMUS Profesional Xoán Montes de Lugo para o alumnado de 2º e 3º de educación primaria.

Quedamos abraiados e abraiadas do ben que o fixeron!

Todos somos UMA nalgún momento!

Todos somos Uma nalgún momento. A través desta lectura o alumnado de segundo achegouse á concienciación contra o acoso escolar que se celebra o 2 de maio.

Elaboramos avións e barcos para seguir a nosa viaxe sendo moi moi., moi rarxs!

Semana do libro

En segundo celebramos a Semana do Libro creando estos mini contos tan orixinais que compartimos na hora de ler cos nosos compañeiros e compañeiras.

Visita da alcaldesa

A semana pasada o alumnado de segundo e terceiro B tiveron unha visita moi especial, a da nosa alcaldesa Paula Alvarellos. Nela puideron facerlle moitas preguntas sobre  seu traballo e tamén algunha que outra suxestión como a limpeza dos parques ou a necesidade de poñer un paso de peóns para cruzaren cando van á piscina.

Un libro, unha rosa!

O alumnado de segundo celebra o Día do Libro elaborando a coñecida flor de Sant Jordi que levaron de agasallo para as súas casas.

Foi todo un proceso manual!

Día do Libro

Hoxe 23 de abril, o alumnado de prácticas con motivo do Día do Libro interpretou ao alumnado de primeiro, segundo e terceiro unha lenda maorí:"Como Maui capturó el sol", empregando a técnica do KAMISHIBAI.

 

O Bosque da diversidade

Nesta terceira sesión da Hora Muse o alumnado de segundo estivemos continuando o noso Bosque da diversidade.

 

Que necesario é entender e valorar a importancia de que cada quen pode brillar con luz propia e de que xuntos somos máis fortes!

 

Día da Saúde

O pasado día 7 foi o Día da Saúde, así que o alumnado de segundo intercambiou estos corazóns para lembrar a importancia  de coidar o noso órgano principal. 

Do que estamos seguros é que vai cheo de amor!

 

Hora Muse

O alumnado de segundo estivo traballando a mestura de cores na Hora Muse partindo das cores primarias.

Plasmaron as súas mans e formaron este precioso mural en equipo!

Educar en igualdade é máis que dous días ao ano!

Aquí o alumnado de segundo coa axuda da profe de prácticas anda investigando os animais pero en feminino!

Traballamos o goberno

Nestes días o alumnado de segundo estivo a traballar o goberno.

Canto aprendemos!

O xornal de Rosalía

Para este día tan especial, o alumnado de segundo preparou un xornal onde é portada a gran Rosalía.

Ademais dun marcapáxinas para seguir a ler tanto como facía ela.

Grazas ROSALÍA por tanto!

O Nadal chega a Nova Zelanda

O tempo de Nadal chega a Nova Zelanda e o alumnado de segundo descobre que da árbore Pohutukawa sae esta bonita flor.

Así pouco a pouco, vamos descubrindo cousas deste proxecto.

Decembro cheo de sorpresas!

O alumnado de segundo xa está preparado para un decembro cheo de sorpresas.

Elaboraron postais para intercambiar cos compañeiros e compañeiras que todos recibiron con moita ilusión.

BO NADAL!

Acabouse! 25N

 

O alumnado de segundo estivo mesturando coas cores primarias ata acadar a morada!

Para despois poder pintar un puño simbólico pola loita contra a violencia machista!

Rematouse! 25 N

Distribuir contido


by Dr. Radut