Skip to Content

2º Curso

Día lúdico en 2ºA

Os nenos e nenas de 2ºA repasan os números de dúas cifras co Bingo.

Obradoiro de xadrez en 2ºA

A clase de 2ºA gozou dun taller de xadrez, co que conseguimos que o alumnado  desenvolva:

  • Conceptos espaciais.
  • Conceptos de figuras e formas.
  • Concepto de simetría.
  • Resolución de problemas e procura de solucións.

 

 

 

Ponlle as pilas ao teu bocata , 2º curso

Desenvolveuse en 2º curso a actividade da Consellería do Mar  "Ponlle as pilas ao teu bocata" . Oa cativ@s pasárono moi ben e aprenderon moito.

Almorzos saudables ao sol,2º curso

Os nenos e nenas de 2º, ao ver que o Sol facía a súa aparición,pensaron que sería unha boa idea baixar ao patio para tomar estes petiscos tan saudables ao aire libre.Así que colleron as súas viseiras e aló que foron a pasar un bo rato mentres se alimentaban ben.Foron ben list@s!

Xogos romanos en 2º Primaria

No noso centro temos a oportunidade de aprender a xogar aos xogos romanos, e encántanos!

 

Excursión a Narla 2ºA y 2ºB

23/05/2018 11:00
23/05/2018 12:30

Excursión a Narla 2ºA y 2ºB.

Unha mascota en 2ºA !

Este curso temos dúas mascotas na aula !

Este é Poni...máis adiante aparecerá a outra mascota,a quen lle puxemos o nome de Star.Tedes que saber que cada día vai a casa de un de nós ... e non vos podedes imaxinar o content@s que esperamos o momento de saber a quen lle toca !

Cando ao día seguinte chegamos ao cole  o primeiro que facemos é contar que fixemos con Poni ou con Star na casa:se descansou,se tomou o leite ou se lle lemos un conto para que durmira!

E sabedes que ? Nestas vacacións Poni foi de viaxe á aldea de un de nós ! Que aventuras viviría alí ? Non vos preocupedes que xa volo contaremos ! 

 

Peixes e un acuario en 2º B

Presentámosvos o traballo dos nenos e nenas de 2º B,esta vez con temática mariña.Aínda que a simple vista vos pareza un acuario e uns peixiños,hai moita vida nesas paredes e enriba desa mesa... Gostamos moito do motivo elexido e de como lles quedou!

 

 

Venres Lúdico en 2º B

   Encrucillados,sopa de letras e diferenzas.

Contaconto de Infantil a 2º

Na mañá de onte viñeron os nenos e nenas de Infantil a contarnos un conto aos segundos.Fixérono fenomenal.Parabéns para eles e para as profes que o fixeron posible.

 

 

Venres Lúdico en 2º B

 

Practicando a multiplicación con xogos

Facendo pasta fresca en 2ºB

Por fin chegou o día ! Non lles daba pasado o tempo para empezar co Obradoiro de Pasta Fresca ! A súa mestra xa os  fora introducindo no tema non só como curiosidade,senón como algo no que as mates,por exemplo,son moi importantes.

Primeiro tomaron boa nota da receita para facer a pasta 

Despois amasaron con moito xeito,paciencia ... e diversión !

Se non saíra ben á primeira,alí estaba o seu Chef particular para dar as últimas indicacións...

Recibiron algo de axuda ,pero  xa estaban preparad@s para facelo soíñ@s,coa máquina tamén lista ...

 O resultado foi tan  gratificante que querían volver  empezar nada máis rematar! E é que con esforzo e paciencia ,todo se consegue !

Moitas grazas a este pai e esta nai dunha das nosas alumnas pola colaboración !

 

 

 

 

Venres Lúdicos co Tangram

E despois das vacacións de Entroido ... hai que volver ás aulas! Os nenos e nenas de 2ºB empezaron con moitas ganas co Tangram

 Esta actividade combina, entre outras moitas, a    xeometría ou a psicoloxía sen case decatarse ... e el@s poderían pasar toda a mañá xogando...e aprendendo !

            Por moitos máis Venres Lúdicos coma estes!

 

 

 

 

Entroido en 2º

Preparan o Entroido os nenos e nenas con  ganas  e ilusión.Mentres

idean os seus disfraces ,na clase fixeron unhas carautas  moi chulas!

Ollade aquí o grupo de 2ºB como posa orgulloso do feito !

   E como nos gustou o que lles dixo a profe do outro 2º aos seus

   alumn@s: "2º A tamén antroidamos"! E meu dito,meu feito:coas

   pinturas na man,colorearon as carautas con bo humor !

Nesta foto de abaixo  xa os podemos ver disfrazados e agardando

para ir ao Desfile de Antroido no pavillón.Estaban desexando bailar e

pasalo ben!

 

 

2ºA recomenda libros

Anda estes días polo Centro a Maleta da Igualdade cheíña de libros que nos fan rir moito ... mais tamén reflexionar un algo,que tamén é importante para o futuro.

A titora de 2º A pensou que unha vez lidos e traballados na aula ben

podían ser recomendados a outr@s.Así que se pinchades no Adxun

to,escoitaredes a súa opinión.Seguro que vos sorprenderán moito 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut