Skip to Content

Educación física

Sesións de ioga en infantil

O xoves pasado comenzamos a ter unhas sesións de ioga para os nenos e nenas de E. Infantil. Fixemos as posturas de moitos animais coñecidos por todos: tartaruga, can, gato, cobra, delfín.

Tamén fixemos o saúdo ao Sol e á Terra.

Velaí algunhas fotos.

 

Xogos de equilibrio ,5º curso

Os días de sol de outono en Lugo hainos que aproveitar e estar no patio  na clase de Ensino Físico  a poder ser !

 

Nesta ocasión os grupos de 5º e 6º practicaron o equilibrio a través dos xogos que temos na parte de atrás do pavillón

 

,,

 

 

Achegamos o deporte á escola : tenis ,5º curso

Aproveitando os días de sol para xogar no patio nas clases de Ensino

Físico...

...coidando do material que necesitamos,neste caso unhas raquetas

de tenis ben chulas elas e que desinfectamos antes e despois do seu

uso !

 

Día Internacional das Persoas con Discapacidade , 6º curso

Hoxe é o Día internacional das persoas con discapacidade, unha data tan importante que non se pode esquecer nin pasar por alto.

No noso Centro realizamos actividades distintas co obxectivo de concienciar ao noso alumnado sobre qué é a discapacidade e como lograr unha sociedade inclusiva.

Como podedes ver nas imaxes o alumnado de 6º traballou cos ollos pechados na clase de Ensino  Físico ,poñéndose na pel dun discapacitado visual

 

 

,,,

 

 

 

Tenis de mesa

A pasada semana tivemos a oportunidade de ter unha "masterclass" de tenis de mesa, dentro do proxecto do centro CONTRATOS-PROGRAMA.
Con este proxecto búscase a prevención do abanono temperán e do absentismo escolar dos alumnos e alumnas motivándoos facendo deporte.

Nesta ocasión descobren o tenis de mesa:

 

Practicando Parkour en 5º e 6º

 Os alumnos e alumnas de 5º e 6º tiveron a oportunidade de coñecer mellor o parkour e todos os seus beneficios, os cales podemos aproveitar para a nosa vida diaria. 

 A pesar de que o parkour practícase de maneira individual, a forma de traballo é maiormente cooperativa.

 “Eu axúdoche a ti, e ti axúdasme a min”, porque non existe competición, existe unha meta que é a aprendizaxe, non o gañar ou o perder.

 Se non o consegues, téntao de novo. Repetir a tarefa de novo non é malo, aprender do erro é necesario.

Grazas ao parkour temos como consecuencia: humildade, creatividade, autosuperación, autocontrol, amizade...

O parkour non é perigoso, perigosa é a desinformación que existe.

 

Visita do CLUB DEPORTIVO LUGO

No día de onte os xogadores do CLUB DEPORTIVO LUGO, compartiron connosco un tempo e visitaron todas as clases de Primaria:

Repartiron entradas a todos os rapaces, e o que máis ilusión fixo para os nenos foi a sinatura de autógrafos!

 

 

 

Moitas gracias pola visita CD Lugo!!!

 

 

 

Xogamos ao tenis

Esta semana achegámonos a coñece-lo o deporte do tenis todos os alumnos/as de Infantil e Primaria.

Nas seguintes imaxes podedes ver o ben que o pasaron!

Os alumnos de 4º e 1º:

 

 

 

MOVING FUTSAL EN PARADAI

Ou o que é o mesmo : a oportunidade de que o noso alumnado asista a esta actividade onde practicarán deporte e mellorarán o seu inglés da man de Pablo nas extraescolares.Xa tivemos unha pequena demostración e gustounos!  

 

 

 

 

 

 

TIRO CON ARCO

 Un curso máis contamos con Villamiel para a actividade de tiro

con arco,modalidade con moito futuro en Lugo.Mirade que xeito

teñen @s maiores do Centro!

 

ATLETISMO

Seguimos achegando o deporte á escola , esta vez da  man do

atletismo.O noso alumnado aproveitou as sesións cos monitores e

quedaron encantad@s!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut