Skip to Content

Ed. Infantil

.

Saída ao parque de xogos infantís da Milagrosa

Aproveitando o bo día que ía facer, o venres 10 de maio tivemos unha saída ao parque de xogos infantís da Milagrosa. Alí pasamos  case toda a mañá indo dun xogo a outro.

Para repoñer forzas, tomamos a merenda baixo a sombra das fermosas árbores que hai.

 

Día do Libro

Actividade feita polo alumnado de infantil

para conmemorar o

Día do Libro.

 

 

 

O mércores 24, o alumnado de prácticas agasallou aos cursos de educación infantil ca lenda maorí:

"Cómo Maui capturó el Sol",

adaptada por eles, e empregando a técnica do retroproxector...

 

Teatro para escolares de Afundación: "Pingüin".

Este luns, 22 de abril, anticipándonos ó Día do Libro, gozamos ca obra de monicreques chamada "Pingüin", a nova obra de Afundación, no auditorio "Gustavo Freire".

 

 

 * Fotos orixinais da segunda composición escollidas da guía didáctica, facilitada na páxina de Actividades escolares Afundación - Obra Social Abanca:  https://escolares.afundacion.org/es/actividad/pinguin/

 

Día Mundial da Arte

O 15 de abril celebramos o Día Mundial da Arte.

 

Chegou a Primavera!

Co cambio de estación, o alumnado de educación infantil fixemos actividades de plástica no taller da primavera.

 

Actividades no horto

O alumnado de 6º de infantil plantamos leitugas e observamos os bichiños que habitan no horto.

 

Día Internacional do Libro Infantil e xuvenil

O 2 de abril, de volta das vacacións, tivemos un taller ca profe Alba, para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

 

Ovos de Pascua

O 22 de marzo, xusto antes de comenzar as vacacións de Semana Santa, xogamos ao xogo de atopar os ovos de Pascua, agochados no campo de infantil...

 

Celebrando o día da árbore

O 21 de marzo celebramos o día da árbore sementando algunhas sementes en macetas...

 

 

 

 

 

E qué mellor que conectar ca natureza este día que facendo ioga ó aire libre!

 

Contacontos para o 8M

Para celebrar o Día Internacional da Muller, o venres 8 de marzo, tivemos a visita da contacontos Alba, quen nos contou

Las chicas pueden con todo, de Karyl Hart

 

8M en infantil: Yayoi Kusama

Este ano adicamos a data do 8 de marzo á artista xaponesa Yayoi Kusama, facendo puntos de diferentes cores e tamaños...

 

 

Visita de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro celebrouse no noso cole, como en toda Galicia, o Día de Rosalía de Castro, xa que é a data do 187 aniversario do nacemento desta famosa escritora galega.

Non imaxinábamos que a mesma Rosalía (ou non?) nos faría unha visita a nós, nese día tan especial.

 

 

Contacontos no Entroido

Cambio contos por sorrisos!

Iso decía a personaxe Trotacuentos, do conto "El circo de los cuentos", dramatizado pola profe Alba, para o alumnado de infantil.

 

 

 

 

E colorín, colorado, este conto está ... EMPEZADO!

Infantil - Entroido 2024

Comenzamos o Entroido seguindo os mandatos do Meco...

 

 

E chegou o día central no que todos os nenos e nenas (e profes tamén) nos disfrazamos, ben disfrazados. Este ano elexiuse o lema de Nova Zelandia, e infantil escolleu o paxaro kiwi:

 

Día da Paz

Durante a semana anterior ao día da Paz, o alumnado de infantil fixemos un mural, decorando as letras do lema, e pegando as pulseiras da amizade. Entre outras cousas, aprendemos a cantar a canción "A peor xogada", do grupo musical infantil A música das baleas, que cantamos en común, con todos os nenos e nenas do noso colexio, na mañá do 30 de xaneiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut