Skip to Content

Ed. Infantil

.

É TEMPO DE NEVE

É tempo de neve e o alumnado de infantil fixeron con ela pegadas e siluetas de animais,bonecos...

Bo Nadal - 6º Educación Infantil

A clase de 6ºB de E.I. dexéxavos un Bo Nadal!!

Para ver o video tica na seguinte imaxe:

 

BOTELLAS DA CALMA

   Os  nen@s de tres anos elaboraron unhas botellas sensoriais.

As botellas da calma.

20 Novembro - Día Internacional da Infancia

As mestras de Educación Infantil prepararon este fermoso video para a celebración dunha xornada especial para os nenos e nenas.
Día 20 de novembro- Dereitos dos nenos e nenas:

SAMAÍN ECOLÓXICO

En Infantil  decoramos a nosa cabaza,quitámoslle a polpa e botámola no noso horto para enriquecer a terra ,limpamos as pebidas e puxémolas a secar para sementalas e así poder ter cabazas para o próximo Samaín.

 Este ano tivemos unha exposición de vasoiras que fixeron con materiais reciclados todo o alumnado de Paradai.

 

 

ARTE OUTONAL

Os nen@s de infantil utilizaron distintos elementos naturais:follas secas,noces,castañas,piñas...propios do outono para realizar fantásticas obras de arte.

DIVERSIÓN COAS CORES

Os nen@s de infantil fixeron varias actividades lúdicas  para coñecer e experimentar coas cores.

ACTIVIDADES DO UNIVERSO

Enmarcado dentro da temática do Universo, @s nen@s de 5 anos (6º de Infantil), dispuxéronse a amosar os coñecementos acadados nestes días.

Con Nerea, a nosa profe en prácticas, fixemos estas actividades superchulas.

 

Boneco con pelo de herba

Este trimestre en 4º de educación infantil estamos disfrutando moito co proxecto sobre o  xardín. Fixemos uns bonecos os que lles medrou un bonito pelo verde. O encargado regábaos e vixiaba  todoslos días se algún comenzaba a deixar de ser calvo. No calendario poñía unha pegatina e contábamos os días que levábamos esperando. Dun xeito divertido e motivador traballamos a educación ambiental, reciclado de materiais, conteo, formas... Sempre xogando e aprendendo.

Boneco con pelo de herba

OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS: CORPOS XEOMÉTRICOS.

 

Desta volta, e coa axuda de Nerea, @s nen@s de 5 anos achegáronse ás matemáticas a través de distintas propostas. Traballaron os principais corpos xeométricos mediante o xogo do bingo, actividades manipulativas como a composición de figuras con diversos materiais, recoñecemento de formas empregando o tacto, así como a identificación figura-nome.

 

 

PLANTANDO CASTIÑEIROS

Nas zonas verdes do colexio plantamos tres castiñeiros,unha árbore que pode superar os 1000 anos de idade e alcanzar os 25-30m de altura.

OBRADOIRO DE SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS EN 5 ANOS

Os nenos e nenas da aula de 5 anos pintaron sobre a súa propia silueta o superheroe ou superheroína no que se queren converter. Pasáronno en grande!

 

"Castillo y sol" - 4º EDUCACIÓN iNFANTIL

As nenas e nenos de 3 anos este trimestre andan a descubrir abras de arte. Buscamos na caixa das construccións figuras para recrear o cadro de Paul Klee " Castillo y sol".

INICIO NA LECTOESCRITURA

As nenas e nenos de 3 anos síntense moi motivados a recoñecer o seu nome. Nesta actividade empregámolo como  reforzo na composición e discriminación visual da vogal A.

Distribuir contido


by Dr. Radut