Skip to Content

Dependencias

Distribución de espacios.

 

Existen dous edificios, un principal para as clases de Educación Primaria, Educación Infantil e outras dependencias, e un edificio anexo para aulas de Educación Infantil exclusivamente.

 

No edificio principal atópanse:

Na planta baixa: conserxería, oficinas de dirección, xefatura de estudios,  secretaría; sala de profesores, ximnasio, comedor, sala de caldeiras de calefacción, unha clase de Educación Primaria e os correspondentes servicios.

Primeiro andar: aulas xerais de alumnos, aula de Música, aula de Informática, biblioteca,  sala de reunións dos membros do Claustro de Profesores e Consello Escolar, sala de proxeccións e de reunións para os que a soliciten, departamento de orientaciónclases de Educación Primaria e os correspondentes servizos.

Segundo andar: aulas xerais de alumnos, aulas de apoio e Audición e Linguaxe e aulas de Pedagoxía Terapéutica.

 

No edificio anexo ou de Educación Infantil atópase:

A planta baixa que está dedicada a patio de recreo, sala de caldeiras da calefacción, oficina de titoría, e sala de psicomotricidade.

Na planta alta ou primeiro andar atópanse catro aulas e un servizo.

 

 

Segundo a Orde da Consellería de Educación de 22 de xullo de 1997 (D.O.G. do 2-7-97) " Non se poderá acceder ós espazos didácticos pedagóxicos, incluídos corredores, durante as horas de clase, sen a debida autorización"

Distribuir contido


by Dr. Radut