Skip to Content

Educación artística

Día do Libro

Actividade feita polo alumnado de infantil

para conmemorar o

Día do Libro.

 

 

 

O mércores 24, o alumnado de prácticas agasallou aos cursos de educación infantil ca lenda maorí:

"Cómo Maui capturó el Sol",

adaptada por eles, e empregando a técnica do retroproxector...

 

Teatro para escolares de Afundación: "Pingüin".

Este luns, 22 de abril, anticipándonos ó Día do Libro, gozamos ca obra de monicreques chamada "Pingüin", a nova obra de Afundación, no auditorio "Gustavo Freire".

 

 

 * Fotos orixinais da segunda composición escollidas da guía didáctica, facilitada na páxina de Actividades escolares Afundación - Obra Social Abanca:  https://escolares.afundacion.org/es/actividad/pinguin/

 

Día Mundial da Arte

O 15 de abril celebramos o Día Mundial da Arte.

 

Xogamos cas cores

Aproveitando que estamos na primavera, o alumnado de 3 anos xogamos cas cores do arco da vella e acadamos, ca técnica do soprado, auténticas obras de arte.

 

Feo! - Caramuxo Teatro

Feo! é un espectáculo teatral (Caramuxo Teatro) inspirado no famoso conto de Hans Christian Andersen, O parrulo feo.

Hai unha pequena fábrica de parrulos de goma... 

 

 

 

ARDE LUCUS - A raíña Boudica

O venres 21 de abril, a Asociación LUCUS ICENAS MILIATORE trouxo o Arde Lucus ao noso cole, para os nenos e nenas de 5 anos. Representaron a historia da raíña dos icenos, Boudica, que loitou contra a ocupación romana de Britania.

Ao final da actuación, pintáronnos a cara, para que nos sentíramos un pouco guerreiros.

O vindeiro venres 28, farán o mesmo para o alumnado de 3 e 4 anos. Seguiremos publicando fotos deles.

Seguimos enchendo o cole de Nadal !

Sabedes que desde hai uns anos o noso cole segue unha política de cero

plásticos e reciclaxe e o N A D A L e unha época estupenda para seguir

con elo.

                 A que molan estas estrelas de papel reutilizado ?

 

 

 Unha Frozen parece que nos sinala o camiño para amosarnos todas

 

estas árbores de nadal únicas e diferentes elaboradas polos alumn@s .

 

                            Esperemos que gostedes !

 

 

 

 

E cantas cadenetas credes que fixemos por aula para crear esta

marabilla que decora a entrada do cole ?

                           

                                  Pero que ben queda !

 

  

 

Preparando a decoración de Nadal , 6ºA

Que si , que si !

Que xa están todas as clases do cole de P A R A D A I argallando para

decorar o Centro  polo A A L !

 

 

Moi intrigadas quedamos ao ver tooodas esas cadenetas verdes ! Que

pensarán facer con elas ? Estaremos vixiantes e xa vos amosaremos o

resultado final ... 

 

Preparando a decoración de Nadal do Centro , 6º curso

Entre exame e exame hai tempo para ir preparando a decoración d

Nadal deste ano ;tesoiras , pegamento...

 

...moita cor... mais tamén o branco e vermello típico destas datas !

 

Dobrar,recortar,pegar...e volver dobrar,recortar ,pegar ...

 

  ...e os resultados xa se empezan a ver !

 

Xa vos  amosaremos como quedou o cole decorado ao rematar.

                             Estade atentxs !

Eclipse de Lúa , 5ºA

En 5° A desfrutamos de varios eclipses de Lúa que nós mesmos

elaboramos.Compartimos algúns exemplos con vós.

 

 

 

 

Visita da ilustradora Estefanía Padulles en Primaria

O pasado 18 de abril tivemos a visita da ilustradora Estefanía Padulles, tivemos o privilexio de poder escoitala todos os cursos do centro.

 

 

 

Con ela aprendemos, que toda ilustración é un debuxo, pero non todos os debuxos son ilustracións. 

 

Explicounos todo o proceso que se leva a cabo para ilustrar un libro:

E presentounos o seu último traballo:

Unha ilustración é un debuxo ou imaxe que nos comunica algo, resolvendo así, problemas de comunicación.

Unha ilustración, está pensada e creada para denotar algo importante ou para simplificar un tema nunha imaxe.

Ás veces as ilustracións poden contar historias sen necesidade de apoiarse nos textos. 

Aínda que os nenos non saiban ler, séntense atraídos polas imaxes e as fotografías dos libros.  

Entendendo esta linguaxe visual, que enriquece ao texto, conectarán có conto e permanecerán inmersos no mundo da fantasía.

Ao final da xornada Estefanía dedicou todos os seus debuxos ao noso centro CEIP Paradai.

 

 

Lévame a Paradai

PICA NA IMAXE E APRENDE

 

Fetén Fetén

Concerto musical didáctico por "Feten Feten" no Auditorio Municipal Gustavo Freire, 5º e 6º primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut