Skip to Content

4º Curso

San Valentin na clase de 4º EP

Nas clases de inglés de sexto celebramos o Día de San Valentín con actividades interactivas:

HAZTE OÍR

A semana do 25 de abril é a Semana de Acción Mundial pola Educación, que este ano ten o obxetivo de alzar a voz polo profesorado.
As alumnas de Educación Social viñeron a realizar unhas actividades cos nenos e nenas de 3º e 4º de primaria para darlles a coñecer a Campaña e a importancia do traballo do profesorado.

 

MINERAIS CONTRA O CANCRO

A Universidade de Santiago xunto co HULA están a realizar unha investigación sobre os beneficios que certos minerais poderían ter na loita contra o cancro. Aos colexios pedíusenos que colaborásemos con esta campaña creando ilustracións para facer visible esta investigación. Mirade que marabillas sairon do noso cole!!

CONFECCIÓN DE CHAPAS

Despois do Día da muller, inventamos un lema e fixemos un debuxo relacionado con ese día. A continuación, confeccionamos unhas chapas que, á vista está, quedáronnos fermosísimas.

Día da muller 8M

O día 8 de marzo realizamos actividades no colexio sobre o Día da muller. Como todos os anos, viñeron mulleres que teñen traballos relacionados coa natureza, o proxecto de centro que temos para este curso. Con nós viñeron dúas mulleres: Mireia Villar (profesora da Universidade) e Ánxeles Vázquez (conselleira de Medio Ambiente).

Entroido 4º

O 25 de febreiro celebramos o Entroido no cole. Este ano o tema central era o de profesionais que traballan pola natureza. Despois tivemos unha actividade con Peter Punk na que o pasamos moi ben.  Aquí vos deixamos unha pequena escolma de fotos dese día.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O día 11 de febreiro, co gallo do Día da muller e a nena na ciencia, tivemos no colexio a visita de Azucena Mora (investigadora da Universidade de Santiago de Compostela na rama de microbioloxía na Facultade de Veterinaria de Lugo) que respondeu ás preguntas dos nos@s alumn@s sobre o seu traballo e outras cuestións que os preocupaban. Logo, tamén recibimos a visita doutras investigadoras da Universidade que traballaron con nós as bacterias. Aquí vos deixamos algunha foto para que vexades canto aprendemos nese día (cos microscopios; usamos placas de Petri para deixar mostras das nosas mans limpas e sucias, que despois se levaron ao laboratorio a incubar toda a fin de semana e o luns vimos cantas bacterias había nas nosas mans -incluídas nas limpas-. 

 

Xogos na aula multiusos

Este Nadal, como nos portamos tod@s moi ben, Papá Noel deixounos un montón de xogos para traballar as matemáticas e as linguas de forma lúdica. Aquí tedes uns exemplos de actividades que fixemos con eles na nova aula multiusos.

 

Maxia en inglés

O departamento de inglés do centro realizou unha actividade de maxia en inglés. Foi xenial!! Aquí vos deixamos algunhas fotografías para que comprobedes que cousas tan incribles facían coas mans. 

 

HORA MUSE

O venres 5 de novembro retomamos outra vez tamén as actividades da Hora Muse.

MAGOSTO E SAMAÍN

O día 29 de outubro celebramos POR FIN, OUTRA VEZ o magosto e o Samaín no colexio. Estivemos superemocionados por recuperar un pouquiño de normalidade. Disfrazámonos e pasámolo xenial comendo castañas e xogando a xogos tradicionais. 

 

VISITA Á EXPOSICIÓN DE FILATELIA

Os nenos e nenas de 4º de Primaria visitamos o día 21 de outubro a exposición de filatelia que había na Praza de Santa María. Ensináronnos como fabricar unha moeda ("medalla") de xeito rudimentario, vimos coleccións moi curiosas. Gustounos moitísimo a experiencia de volver saír do cole despois de tanto tempo sen poder facelo. 

Días despois fixemos a segunda parte da actividade no colexio, e recibimos premios polo noso bo traballo.

PINTADO DO MURO DAS EMOCIÓNS

Os nenos e nenas de 4º de Primaria axudamos a Clara Colorines a pintar o muro das emocións que fixemos na parte de atrás do colexio. Canto traballamos!!! Pensamos que o resultado quedou fermosísimo!!!:

INICIO DO TRABALLO NA AULA VIRTUAL

O alumnado de 4º iniciamos o noso traballo outro curso máis na aula virtual. Agora xa somos todos uns expertos!!!

Traballos de 4º B ao longo do curso

O alumnado de 4º B realizamos moitísimas actividades ao longo do curso, todas chulísimas. Por iso queremos compartilas con vós por se algunha vos pode servir de inspiración:

Mural da Paz

Botellas con información sobre Betty Williams

O Camiño de Santiago

O Entroido

Traballos manipulativos para adquirir as diferentes competencias básicas

Elaboración de lapbooks

Tarxetas para celebrar o Día da Nai

A Caixa das Emocións

Traballos sobre Xela Arias

Murais

Traballos sobre as sufraxistas

Esperamos que vos gustasen.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut