Skip to Content

Ed. Infantil

.

ACTIVIDADES DO INVERNO

Na estación do inverno exploramos e investigamos os estados da auga.

BO CAMIÑO PEREGRIN@S

  Os peregrin@s de infantil están preparados para iniciar o camiño coa indumentaria adecuada e elaborada con materiais reciclábel e biodegradables.

 

PLANTANDO BULBOS

Os nen@s de infantil plantaron tulipáns,muscari e paniculata.

 

 

 

XARDÍN VERTICAL

 

   Este ano o noso xardín vertical  ten plantas de folla perenne como a hedra,diosma,rhododendron...para disfrutar todo o ano da beleza que nos proprocionan estas plantas.

 

 

SEMENTANDO

Os alumn@s de tres anos sementaron castañas e belotas 

Contacontos na víspera das vacacións de Nadal

Durante a mañá do 22 de decembro, o alumnado de infantil e 1º e 2º cursos de primaria tiveron un rato moi agradable escoitando os contos que nos veu narrar a contacontos Ana Carreira. Xa eran coñecidos pola maioría dos nenos e nenas deste centro, pero nunca está de máis escoitalos de novo, e ver cómo escenifica ca súa voz e xestos eses contos tan divertidos: A cabra Montesina, Os sete cabritiños...

Aquí temos algunhas fotos que amosan o vivido nesas sesións.

 

E, para rematar, uns posados:

 

Os nenos e nenas de 6° de Infantil amosan os seus cabalos

Os nenos e nenas de 6° de Infantil amosan os seus cabalos. Estos días estivemos aprendendo moitas curiosidades sobre eles. Sabiades que poden durmir de pé e que posúen unha excelente memoria?

 


DÍA INTERNCIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADES

O 3 de decembro é o Día  Internacional das Persoas con Discapacidade, unha data tan importante que non se pode esquecer nin pasar por alto. Hoxe no noso centro realizamos actividades distintas co obxectivo de concienciar ao noso alumnado sobre: qué é a discapacidade e como lograr unha sociedade inclusiva. Como podedes ver nas imaxes o alumnado de dúas aulas de educación infantil traballaron que é a discapacidade e os distintos tipos visionando videos o facendo debuxos que lles quedaron preciosos. Por certo seguir pendentes das nosas redes sociais por que ao longo destos días seguiremos facendo actividades de concienciación que seguro que vos gustarán

 

 

Samaín e outono na aula de 5º B de E. I.

O alumnado de 5ºB de infantil estivo a traballar os número estos días con materias propios do outono, coma landras e noces, e tamén traballaron o vocabulario do Samaín, e ata construiron a súa propia cabaza con mazás e pebitas.

A aprendizaxe a través da experimentación e de forma lúdica son obxectivos fundamentáis no noso centro e os nosos pequenos e pequenas disfrutan e aprenden casi sen decatarse! Que vos parece?

 

 

 

Unha sorpresa moi especial polo DÍA DO LIBRO

Hoxe é o DÍA DO LIBRO, e unha profe e unha mamá do cole prepararon unha sorpresa moi especial para todos nós. Estades preparados?

Primeiro, temos un conto xenial que xa algúns coñecedes: O coelliño branco

 

E agora, unha das aventuras do Gatiño Perico!

Esperamos que disfrutedes destes contacontos tan especiais!

Actividades nen@ s 4 anos.

Esta semana propóñovos tarefas máis lúdicas. Espero que disfrutedes.

Espectáculos de Berrobambán:

 

https://botons.eu/2020/03/23/berrobamban-abre-na-rede-os-espectaculos-bicharada-e-xurdefet/

 

Canción para lavar as mans de Migallas:

 

Uxía Lambona e a Banda Molona. O Lagharto: Un paseo virtual por algún dos lugares máis emblemáticos de Galicia coa compaña do Lagharto.

 

Un saúdo. Nuria.

 

A CEBRA CAMILA

NESTE VIDEO PODEDES VER O CONTO DA CEBRA CAMILA

Distribuir contido


by Dr. Radut