Skip to Content

Blogue de rosana

Vacacións de Semana Santa

Estimadas familias:

Informámoslles que as vacacións de Semana Santa son desde o venres 26 de marzo ao 5 de abril. Comezamos de novo as clases o martes 6 de abril.

Misterio en 2ºA Primaria

O alumnado de 2ºA participou nunha actividade de Matemáticas na que os alumnos e alumnas tiñan que resolver un misterio ocorrido na súa aula. Para iso, tiveron que recorrer os corredores do colexio en busca de pistas a través duns mapas e contar as baldosas para chegar a elas. 

 

 

 

Día da muller e a nena na ciencia - EI 5ºB

En infantil o día 11 de febreiro celebramos o día das mulleres ciéntificas con contos sobre  "Marie Courie" entre outras. E tamén estivemos facendo experimentos como: O arco da vella doce, o arco da vella líquido, creamos a choiva, o noso mar nunha botella, a erupción dos volcáns, esperiencias divertidas sobre o proxecto de aula: a ecolixía e a terrra... Pero tamén fixemos outros como inflar globos, guantes máxicos,pintura máxica... e decir, pasamos unha xornada investigando e explorando conceptos químicos e físicos.

 

"Castillo y sol" - 4º EDUCACIÓN iNFANTIL

As nenas e nenos de 3 anos este trimestre andan a descubrir abras de arte. Buscamos na caixa das construccións figuras para recrear o cadro de Paul Klee " Castillo y sol".

ENAPAS - CEIP "PARADAI"

Estimadas familias:

Informámosvos que o próximo 17 de marzo, no noso Centro, contaremos cunha charla a cargo das ENAPAS-CEIP PARADAI. Para poder acudir, é necesario pedir cita previa ao número 982 870 432, para control de aforo. Animámosvos a asistir!

Entroido 2021 Educación Primaria

Este ano o Centro inspirouse no Camiño de Santiago como tema para o Entroido, ao ser o proxecto deste ano.

Saímos na prensa

Prema na imaxe:

Kahoot DÍA DA PAZ

Despois de visitar o noso MAR DE PAZ, estades preparados para xogar ao kahoot? Os kahoots están ordenados por dificultade, só tedes que pulsar na peza de Lego.

31 de Outubro - Ricardo Carvalho

Debido a situación sanitaria vivida en maio propúxose como data para homenaxear a Ricardo Carvalho o 31 de OUTUBRO coincidindo co 110 aniversario, do seu nacemento.

E dende o Equipo de Dinamizaciòn Lingüística do CEIP PARADAI quixemos achegarvos à figura do homenaxeado deste ano por medio deste video.

 

 

E despois de ver o vídeo, anímaste a facer diferentes actividades?

Pulsa na imaxe seguinte e levarate a moitas actividades divertidas da nosa aula virtual ( acórdate de acceder co teu  usario e contrasinal)

 

Axudas material adquisición de libros de texto e fondo libros. Aberto o prazo ata o 19/06

Achegamos información sobre e procedemento, un exemplo para poder cubrir a solicitude correctamente a axuda e formulario de axuda. 

Rogamos lean atentamente esta información. Calquera dúbida envien correo electrónico a ceip.paradai@edu.xunta.es ou no número 982870429. 

(Ver archivos adxuntos).

 

HORARIO DE ATENCIÓN:

De luns a venres de 10:00 h a 13:00 h. Para poder entregar as solicitudes no Centro, tense que pedir cita previa ao número 982.870.429.

Para organizar a entrega das solicitudes presenciais establécese o seguinte calendario:

Debido a situación de alerta sanitaria polo Covid-19  será obrigatorio o uso de mascarillas así como gardar a distancia de seguridade no acceso ao centro para evitar aglomeracións.

Distribuir contido


by Dr. Radut