Blog de biblioteca

GUYI GUYI

O pasado 14 de maio o alumnado de ED. Infantil foi de "excursión" ó auditorio de Ourense para ver unha obra de monicreques titulada "GUYI GUYI"  da compañía Periferia Teatro.

A obra é unha versión adaptada do conto do mesmo título no que nos contaron a historia dun ovo... que resultou non ser o que parecía...

A obra gustoulles moito, e ó final da representación, as integrantes da compañía saíron para que os nenos e nenas puidesen ver de preto ós protagonistas.

Aquí vos queda o vídeo promocional da actuación

 

E unhas poucas fotos do evento

CONMEMORANDO O DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS DAS FAMILIAS

Para conmmemorar o Día do libro,  convidamos ás familias que quixesen a vir contarnos un conto,  para o  alumnado de ED. Infantil durante a propia semana e tamén  na posterior. Queremos das ás grazas ás persoas que se achegaron ó cole a compartir o seu tempo con nós.

 

E aquí tedes unha pequena escolma fotográfica de todos os contacontos

GRAZAS E BOA LECTURA!!!

LENDO EN FAMILIA

Con motivo do día do libro no cole propuxéronse unha serie de actividades  relacionadas co mesmo.

Así tivemos o "troco de libros" e a semana pasada e esta contamos coas familias do noso alumnado que se están achegando ó centro para contarlle un conto ó alumnado de ED. Infantil.

Outra das actividades propostas e de carácter voluntario foi a de que nos enviásedes unha fotografía "lendo en familia" , xa que a familia é un dos núcleos de aprendizaxe dos nenos/as e moitas veces unha fonte de conductas a imitar.

A participación foi menor do que nos gustaría, pero para ser a primeira vez que se fai, temos que agradecer a todas as familias que participaron nesta proposta.

 

BOA LECTURA!!

PROXECTO DE CCSS: O ANTIGO EXIPTO

En CCSS de 3° de Primaria fixemos un proxecto sobre o Antigo Exipto que finalizamos coa elaboración dunhas maquetas en grupos. O alumnado deste curso visitou a clase de 5° de Infantil, xa que fixeron un proxecto da mesma temática o curso pasado, para intercambiar información e aprender máis sobre o tema.

Troco de libros 2019

Hoxe celebramos a "IV Feira de troco de libros de Xuvencos" nesta semana da conmemoración do " Día Internacional do Libro". Sentimos unha satisfacción plena pola acollida e implicación que teñen este tipo de actividades por parte d@s nos@s alumn@s. Como dixo Joseph Addison " La lectura es a la mente lo que el ejercicio al cuerpo".

TROCO DE LIBROS 2019

Contacontos: O Mouro Moure

O pasado xoves visitounos Brais Moure, un contacontos que nos achegou á Galicia máxica de Antón Fraguas. Pincha na imaxe para ver máis.

Postais premiadas Nadal 2018

Dende Biblioxuvencos damos as grazas a tod@s @s participantes no concurso de postais para este Nadal 2018. A continuación podedes ver as fotos d@s premiad@s:

Distribuir contido