A pasada semana, María José, a nai de Pablo da clase de 1º de ED. Primaria veu á biblio contarnos ¿Por qué lloramos?
Un fermoso conto que nos explica que chorar é un xeito máis de expresar as nosas emocións... e que podemos chorar por moitísimos motivos.
O alumnado de ED. Infantil e 1º ciclo de ED. Primaria estivo atentísimo e desfrutaron ao máximo desta fantástica narración polo mundo das emocións. Porque todos e todas choramos, sexamos grandes, ou pequenas...
Moitísimas grazas a María José por compartir o seu tempo con nós !!!!
Dende o equipo de biblioteca e tamén dende o centro queremos agradecer a Sandra a súa implicación, creatividade e bo facer, e compartir todo iso con nós é un privilexio.
Hoxe fixo dúas "contadas" a primeira para o alumnado de ED. Infantil.
No que despois de visionar o vídeo de "Diferentes" falounos da diversidade a todos os niveis e o enriquecedor que resulta que todos e todas sexamos diferentes. que é o enfoque lle demos á actividade para os máis pequenos e pequenas) e despois contounos ¡Vivan las uñas de colores! para a continuación facer un mural colectivo con todo o alumnado de ED. Infantil e finalizar pintándonos as uñas de cores ( coa colaboración das profes Natalia, Mercedes e Mirian)
E aquí vos queda unha pequena escolma fotográfica do momento:
A seguinte quenda foi para o alumnado de 1º e 2º de ED. Primaria que tamén desfrutaron do vídeo que Sandra "dobrou " ao galego , despois de falarlles de discapacidade e diversidade.
Para contarlles o "conto da cebola" . Unha historia que invita a reflexionar sobre o que pode influir en nós os comentarios ou reaccións dos demais.
E quizais o que máis lles gustou, ou co que máis desfrutaron foi co "RAP DA CEBOLA" co que nos deleitou Sandra e nos puxo a todos a bailaaaar.
E por último , utilizou unha cebola para darnos a coñecer unha marabillosa mensaxe, na que estamos totalmente dacordo: so podemos darlle AS GRAZAS .
O pasado mércores día 18, Patricia Ordás, nai de Mía clase de 3º achegouse ao cole para contarnos un conto na hora de ler ao alumnado de ED. Infantil e 1º de ED. Primaria
O libro escollido foi "Tilo Cocodrilo"
Xa que o día o permitiu, en lugar de contarnos o conto na biblioteca fixémolo no anexo que inauguramos este curso grazas ao PLAN LIA 3, onde puxemos un chan cómodo e xeitoso para poder sentar e uns "toldos" para poder disfrutar nos recreos dos días de sol ( xa sexa xogando ou mirando un conto)
Patricia contou coa colaboración especial da súa filla Mía, e ambas contaron e cantaron esta historia marabillosa.
María José, a nai de Pablo da clase de 5 anos contounos o conto "Monstruo Azul" de Olga de Dios, da coñecida saga dos monstruos: o rosa, o paxaro amarelo, o becho pelota e ra de 3 ollos.
Moitas grazas a María José por compartir con nós o seu tempo. Aquí vos queda a súa narración:
E chegaron 2 contos máis, desta volta , Vanessa, a nai de Adrián da clase de 5 anos fíxonos un "contacontos" dobre.
Moitísimas grazas a Vanessa polo seu tempo e implicación.
Agardamos que vos gusten tanto coma a nós!
En primeiro lugar, un clásico do Nadal que nunca pasa de "moda" ( e tamén unha das recomendacións lectoras de Nadal para o alumnado de ED. Infantil) "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"
E en segundo lugar, esta historia tan orixinal: "O principiño e Adrián".
Moitas grazas a Ana por achegarse ao cole e compartir con nós o seu tempo!!!
Ademais Beatriz, a nai de Xermán , da clase de 1º de ED. Primaria fíxonos chegar dous contos moi propios do Nadal, que nos contou coa axuda do seu fillo.
Por unha banda, e para o alumnado máis pequeno do centro, SANDRA, a nai de Iria preparou 2 contos con moita intención e sensibilidade.
Para o alumnado da aula mixta de 3 e 4 anos, contoulles "O porquiño Azul" , unha historia que trata sobre a diversidade, e posteriormente fixeron un "porquiño" da cor que quixeron.
Para o aumnado de 5 anos e 1º de ED. Primaria o conto escollido foi " El libro negro de los colores".
Mentres lles contaba o conto, deulles unha máscara para tapar os ollos e tocar o libro,, sentir os relevos, e tamén a escritura en braille
Despois disto, diversas actividades de estimulación sensorial: tomar alimentos e adiviñar que eran cos ollos pechados, tocar elementos e tentar adiviñar, polo tacto, polo olfacto e tamén pasaron pola emisora de Radio Xuve para escoitar distintos sons, e ver se eran quen de adiviñar a súa orixe.
E como actividade final , trouxo un modelo para que puidesen escribir o seu propio nome en "braille".
Queremos agradecer aSandra, o seu tempo, esforzo e a preparación destas dúas actividades tan interesantes, visibilizadoras e completas. MOITÍSIMA GRAZAS!!!
A outra actividade do dia, para visibilizar, e concienciar ao noso alumando fo a visita ó centro dunha pequena representación de ASPADISI.
Esta actividade estaba dirixida ao alumnado de 2º a 6º de ED. Primaria.
Primeiramente falaron da súa historia ,da entidade ,despois tamén houbo dúas persoas que contaron a súa "experiencia de vida",e finalmente compartiron con nós todas as actividades que fan e materiais artesanais que elaboran.
Foi unha experiencia moi moi interesante e enriquecedora.
Para rematar con este día tan emotivo e inspirador, na hora do recreo as persoas de ASPADISI compartiron con nós os seus "xogos populares", ( elaborados en diversos materias, entre eles a madeira por eles mesmos)
Queremos agradecer ás persoas de ASPADISI que se achegaron ao centro, compartiron o seu tempo con nós e enriqueceron as nosas percepcións dun xeito marabilloso.