Skip to Content

                              

AMI

"REDES SOCIAIS E SAÚDE MENTAL NA ADOLESCENCIA" con Iria Veiga

O pasado día 3, tivemos a sorte de poder contar no noso centro con Iria Veiga ( médica psiquiatra, divulgadora científica e colaboradora con Nós Diario entre outras moitas cousas)

 

 

Baixo o titulo "Redes sociais e saúde mental na adolescencia" explicounos diversos conceptos, como o funcionamento do cerebro dos e das adolescentes. Tamén nos aportou alguns artigos científicos con información contrastada e fixo unha inmersión na visión que temos e teñen das redes sociais ( incidindo en que somos seres "sociais" por natureza) .

Compartiu con nós tamén unha serie de artigos sobre estudos, e información contrastada sobre a temática, que resultou moi útil e ademais interesante ( apostas online e o seu "target", estatísticas, exposición de menores nas redes, uso das mesmas..) 

Posteriormente abriuse a "quenda de preguntas" na que xurdiron algunhas dúbidas ou incertezas.

 

 

 

Finalizamos cun "pincho saudable" e dun xeito máis informal ao rematar.

 

 

 

 

 

Dende o equipo de biblioteca do centro queremos agradecer ás familias que participaron e a Iria Veiga por achegarse ata o noso centro.

 

A finais de mes contaremos novamente con ela, desta volta sobre outra temática de especial interese para nós.

11F: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 

O 11F conmemórase o  Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia .

Hai uns días fixemos unha publicación con RECURSOS para conmemorar esta data, e cada un dos ciclos traballouna dun xeito distinto.

Así no terceiro ciclo fixeron unha tarefa de investigación sobre mulleres científicas e elaboraron uns cartaces informativos ( que adxuntamos nesta publicación en formato PDF para que se perciba mellor a súa calidade)

Ademais están en proceso de gravación en Radio Xuve de pequenas pílulas informativas sobre eleas ( xa que o día 13 é o día Mundial da Radio)

 

No segundo ciclo decidiron facer tamén unha pequena busca de información, na que tiveron que seleccionar a 3 mulleres científicas e despois de consultar parte da nosa colección da B.E.

Para posteriormente escoller a unha delas e indicar  cal é o feito diferencial co que "destacou".

 

 

No primeiro ciclo decidiron investigar sobre María Teresa Miras Portugal, xa que naceu no Carballiño e desenvolve a súa carreira como Bioquímica e experta en Bioloxía Molecular.

 

En ED. Infantil centrámonos en visibilizar a data e visionar algúns vídeos informativos adaptados á idade do alumnado.

 

 

 

 ACTUALIZACIÓN A DÍA 19 DE FEBREIRO:

Hoxe tivemos unha actividade conmemorativa polo 11F a cargo da profesora María José Vázquez Figueiredo, da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense  (á que agradecemos que se achegase ao noso centro)

E aquí queda o enlace á publicación na web sobre esta charla divulgativa: ACTIVIDADE CONMEMORATIVA POLO 11F 

 

OBRADOIRO DE RADIO CON IAGO GORDILLO

Este curso, e grazas a estar dentro do programa "RADIO na Biblio" ( da Asesoría de Bibliotecas Escolares, Plambe) contamos no cole novamente ( xa nos visitou o curso pasado, e o alumnado quedou encantado!!) con Iago Gordillo.

 

Desta volta os cursos cos que traballou e fixo un obradoiro de Radio foron os de 3º e 5º de ED. Primaria.

 

Como primeira toma de contacto, explicación de conceptos básicos e resolución de dúbidas, ambas clases tiveron unha videoconferencia con el o xoves 4 de maio. Onde lles deu unha pequena e dinámica explicación, e  aportoulles moitas ideas.

 

Despois asignoulles a cada aula ( adaptado a súa idade) unha tarefa para preparar en cada a unha das aulas.

Para posteriormente este venres día 12 acercarse ao noso cole e darlle forma á súa "tarefa" convertida desta volta nun podcast.

Moitas grazas a Iago polo seu tempo  e por compartir a súa sabedoría con nós, ademais de facelo todo dun xeito que semella sinxelo e ademais interesantísimo.

Acó vos quedan unhas poucas fotos das dúas aulas ( preparando o programa, e tamén no momento de facelo)

 

 

 

 

 

 

 

8M: EN FEMININO NO CONCELLO DE BOBORÁS

Baixo o lema da ONU para este 8M de 2023:  "Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero".

Dende os equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca lanzamos unha proposta co gallo do 8M : que o alumnado de 3º de ED. Primaria en adiante entrevistase a unha muller importante na súa vida (ALFIN/AMI ) 

Xa fose mediante o uso da tecnoloxía:  audio ou vídeo ou en modo "escrita" ( máis tradicional) 

Mulleres importantes nas súas vidas, e residentes en Boborás.

 

O primeiro , queremos dar as grazas a todas as mulleres que "aceptaron o reto" de seren entrevistadas, fose no formato que fose. Polo seu tempo e bo facer.

GRAZAS A TODAS.

 

Para comezar, deixámosvos aquí a entrevista que Aixa, da clase de 5º, lle fixo a súa avoa Pilar:

 

 

A continuación deixámosvos a entrevista que Aroa da clase de 3º , lle fixo á súa nai: Patricia Torres ( que é a alcaldesa do noso Concello)

 

 

Entrevista a Maica, nai de Mauro, Ángel e Daniel. 

 

 

 

Entrevista a Rosa, curmá de Mateo da clase de 5º. 

 

 

 

Entrevista a Mª del Carmen, nai de Sofía da clase de 6º

 

 

A continuación unha pequena presentación en "Canva" das entrevistas realizadas polo alumnado de 5º de ED. Primaria.

 

 

 

Deixámosvos tamén un  DOCUMENTO coas entrevistas realizadas ao xeito tradicional:  manuscritas e algunhas máis  manuscritas  ( ou "mecanografiadas") e as derradeiras entrevistas manuscritas , dende a clase de 3º de Primaria  Premede nas palabras suliñadas para poder acceder a elas. 

 

25N: MANIFESTACIÓN

Os equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca ( coa colaboración inestimable do equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares) decidiron convocar unha manifestación/camiñada ata o Concello de Boborás no 25N.

Aquí tedes o cartaz que se difundiu con motivo da mesma:

 

 

Cada unha das aulas preparou a cartelería, escribiu cartaces, consignas, frases, e mostrou a súa arte e creatividade para ir ben equipados e equipadas.

 

Nas aulas de 4º e 6º de ED. Primaria, ademais, coa axuda do profe Michel prepararon os materiais para deleitarnos cunha "batucada" que foi a banda sonora da nosa saída. Con materiais de refugallo e eles mesmos decoraron os seus instrumentos.

 

Queremos agradecer tamén ao Concello de Boborás por cedernos as súas instalacións para que o alumnado do terceiro ciclo saíse ao " balcón" a compartir os seus pensamentos e consignas.

Agradecer tamén ás familias que se achegaron e nos acompañaron na nosa andaina. 

E con todo, que o tempo acompañou acó vos quedan unhas poucas imaxes do evento:

 

 

Por outra banda, o profe Óscar, ademais de facer a reportaxe gráfica do evento, tamén recompilou os cartaces elaborados polo alumnado para que se puidesen apreciar con maior claridade.

 

 

Queremos agradecer á toda a Comunidade Educativa, e a todas as persoas que se uniron, ou colaboraron con nós nesta data. GRAZAS 

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

Hoxe día 3 de decembro é o día Internacional da Discapacidade, dende o equipo de Biblioteca e en coordinación  co Departamento de Orientación propúxose unha tarefa de investigación ( ALFIN, AMI) para o alumnado de primaria: investigar sobre unha discapacidade, para despois transmitirllo ao resto das aulas.

 

Despois estar traballando a nivel titorial durante estas dúas semanas, hoxe foi o momento de compartilo co resto do alumnado do centro. O noso punto de retransmisión foi a nosa Biblioteca Escolar, en "rigoroso directo".

Moitísimas grazas polo traballo desenvolvido dende as titorías, o esforzo, a motivación e o bo facer. 

Tamén salientar que dende a área de ED. Física,  o profe Rubén traballou co alumnado de ED. Primaria a temática nestas últimas semanas , para concienciar e sensibilizar.

 

Acó vos queda un pequeno resumo realizado pola mestra de A.L ,Carolina.

( Premede no adxunto PDF) 

 

 Iremos engandindo parte das presentacións, lapbooks, infografías e diversos vídeos e materiais que se elaboraron e compartiron na xornada de hoxe. 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Chega novembro, o MES DA CIENCIA EN GALEGO ( premede para ir aos contidos que nos recomendan dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares)

 

Dende o equipo de biblioteca e para conmemorar esta data propuxemos que cada unha das titorías fixese, ao longo do mes un "experimento" ou actividade relacionada co STEAM ( escornabots, programación en bloques, etc..) e o graven , explicando o proceso e o porqué para despois poder compartilo co resto das aulas.

 

Tamén temos a disposición do alumnado e do profesorado libros relacionados coa temática no noso ESPAZO MAKER no primeiro andar, e na entrada da nosa Biblioteca escolar.

 

 

 

 

 

 

OS NOSOS "LAP BOOKS" PARA O MES DA CIENCIA EN GALEGO.

Cada unha das aulas escolleu a un home ou muller, relacionados coa ciencia, STEM, ou inventores/as para traballar na aula e elaborar un LAP BOOK para poder ensinar ao resto do cole. O único "requisito" era que fosen galegos/as, xa que novembro é o mes da ciencia en galego.
 
 Despois de moito investigar (ALFIN) , e traballar, aquí vos quedan unhas poucas fotos dos marabillosos resultados de cada unha das aulas:
 
 
 
Na aula mixta de 3 e 4 anos aprenderon moitas cousas sobre EUGENIA PEREIRA RODRÍGUEZ 
Científica , carballinesa e muller pioneira da farmacia.
 
 
 
 
 
 
 
Na aula de 5 anos investigaron e aprenderon sobre ÁNGELA RUIZ ROBLES  mestra, escritora,
e inventora: inventou o prototipo do libro electrónico!!!! 
 

 

 

 
 
 

Na aula de 1º de primaria investigaron e aprenderon sobre  ÁNGELES ALVARIÑO,

 unha grandísima oceanógrafa: 
 
 
 
 
 
 
 

Na clase de 2º de ED. Primaria investigaron e aprenderon sobre MANUELA  BARREIRO PICO , primeira muller matriculada na Universidade de Santiago de Compostela, e primeira licenciada, ademais de farmacéutica:

 

          
 
 
 

 
Na aula de 3º de ED. Primaria , investigaron e aprenderon sobre REBECA ATENCIA, primatóloga ferrolá, tras os pasos de Jane Goodall
 
 
 
 
 
 
 
Na clase de 4º de ED. Primaria, investigaron e aprenderon sobre ALEJANDRO FINISTERRE
( Alexandre de Fisterra) poeta, e  inventor do futbolín.
 

 

 
 
 
Na aula de 5º de ED. Primaria investigaron e aprenderon sobre ANTONIA FERRÍN MOREIRAS , científica, investigadora, matemática e astrónoma. 
 
                                                                   

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
E por último, na aula de 6º de ED. Primaria investigaron e aprenderon sobre DOMINGO FONTÁN , creador da primeira Carta Xeométrica de Galicia.
 
 
 

 

                                                                

 

 
 
Dende o equipo de biblioteca, non podemos máis que parabenizar a todo o alumnado e profesorado polo seu traballo de investigación e creación, un traballo fantástico!!!!!!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

NOVEMBRO : MES DA CIENCIA EN GALEGO NA B.E

Novembro é o mes da Ciencia en Galego, podedes botar un ollo á información relacionada co tema nesta entrada do blogue da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia premendo na seguinte imaxe

 

 

 

O curso pasado por estas datas, nos "recreos na bibilo" fixemos unha serie de experimentos moi divertidos

 

Este curso non poderemos realizar esa actividade por motivos obvios, desencadeados dos protocolos COVID-19.

Dende o equipo de biblioteca estivemos pensando o xeito de conmemorar o mes da ciencia en galego doutro xeito, e decidimos propoñer a cada unha das aulas a elaboración dun "LAP BOOK" sobre un home ou muller galegos, obviamente, que estean relacionados coa ciencia.

 

Así cada aula ( a acorde ás súas posibilidades, porque obviamente non vai ser o mesmo traballo de investigación para o alumnado de ED. Infantil e os primeiros cursos de primaria, que o de quinto e sexto que son máis autónomos)

 

Así elaboramos un listado, para que cada clase seleccione a súa escolla ( e non repetirnos)

 

 

 

E unha pequenísima infografía para que nos sirva de guía nesta actividade, recalcando a importancia de citar sempre as fontes de información ( e obviamente verificalas)

 

Seguiremos informando!!!!!  

Distribuir contido


by Dr. Radut