Skip to Content

                              

EXPERIMENTOS NO RECREO DA BIBLIO: A ALIMENTACIÓN

Hoxe no recreo da biblio, contamos con Mercedes, a titora de 4º que fixo varios experimentos interesantísimos relacionados coa Alimentación, xa que están traballando sobre este contido na aula.

 

Un dos experimentos, estivo relacionado cos "corantes alimenticios" puxeron nun prato "boliñas de chocolate de cores" e botaron auga, no primeiro momento non pasou nada pero despois duns minutos os corantes alimenticios comezaron a desprenderse das boliñas... e apareceu unha mistura de cores preciosa.

 

Outro dos experimentos estivo relacionado cos ovos, a súa frescura, a auga , o sal e as distintas densidades que podemos atopar. Non é o mesmo auga, sen máis, que auga con sal... Os ovos non quedaron na mesma posición.

 

Noutro dos experimentos utilizou unha media e auga para que visen que a auga non pasaba da media, pero ó tocala individualmente si que caía a auga. Densidade, elasticidade... propiedades da auga.

Inicialmente foron bastante incrédulos con respecto a que a auga non transpasase a media... pero ó final.... sorpresa sorpresa!!!

 

Outro dos experimentos que tamén lles encantou foi para ver as propiedades da auga, unha bolsa de plástico chea de auga.. atravesárona con lápis de cores e sorprendentemente a auga non saiu da bolsa. Aí xurdiu moita curiosidade e espectación sobre o tema.

 

Ademais hoxe , e de xeito especial, a maiores  de quitar unha profe as fotos, tivemos unha magnífica fotógrafa: unha alumna da clase de cuarto  que recolleu todos e cada un dos experimentos dende todos os ángulos posibles, facendo unha espectacular labor fotográfica.

 Premede na imaxe se queredes ver unhas poucas fotos do momento:

                                                                             

                      

 



blog | by Dr. Radut