Skip to Content

                              

CREATIVIDADE

MISTERIO NA BIBLIOTECA

Lembrades a proposta que se fixo este curso no día da poesía para conmemorar o día do libro este curso??

 

 

Ao final decidimos presentalo o día das Letras Galegas, entre as actividades programadas para esa data.

Representantes de cada aula saíron a lelo ante todo o centro para ver como se ía desenvolvendo esta historia misteriosa que o alumnado de 1º de ED. Primaria deu en titular " MISTERIO NA BIBLIOTECA". ( premede no enlace para acceder á publicación)

 

Aquí vos queda o conto colaborativo, por se o queredes desfrutar, como fixemos nós escoitándoo dos seus autores e autoras.

 

 

 

 

AUGA, ÁRBORE E POESÍA:

Coa chegada da Primavera chegan tamén 3 datas importantes: día da auga, da árbore e da poesía.

N actividade relacionada coa Árbore ( premede para ir ao enlace) este ano tivemos axuda do C.E.E Infanta Elena de Monforte.

 

A parte relacionada coa poesía vai ir á cargo do alumnado da clase de 1º de ED. Primaria que elaboraron un orixinal  POEMA coa axuda da súa titora, Miriam para explicarnos ao resto do colexio a actividade que imos realizar para O DÍA DO LIBRO.

Deixámosvos a gravación que fixeron  do POEMA que elaboraron e van recitar  hoxe:

 

 

 

 

Posteriormente para celebrar o día da AUGA, imos ter 7 experimentos relacionados coa mesma no patio.

Cada "especialista" preparou un experimento relacionado coa auga e todas as titorías iremos pasando por eles...

 

BO DÍA DA ÁRBORE, AUGA E A POESÍA.

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL : RESPOSTAS

Cando convocamos o concurso de postais de Nadal, no centro quedan as "gañadoras", e despois compartimos a creatividade do noso alumnado e as súas familias pola contorna, enviándoas a centros de "maiores"; ao Concello, a outros centros educativos, a institucións representativas, ao centro de saúde , etc etc..

 

Ás veces recibimos respostas ...

 

Aquí tedes a respostas que nos envían dende a Residencia San Antonio de Beariz.

E ademais as postais que compartimos con eles e elas, penduradas da súa árbore de Nadal. 

 

 

E este vídeo chulísimo que compartiron con nós como "agradecemento".

 

 

CREANDO O SEU PROPIO MANGA..

O alumnado do noso centro en xeral, é moi afeccionado ao manga, especialmente os cursos máis altos.

O alumnado de 4º de ED. Primaria ademais de devorar os libros desta materia , inspirados pola súa lectura e seguindo unhas pequenas consignas : COMO LEO MANGA?  decidiron facer as súas propias creacións...

 

Aquí vos quedan uns poucos exemplos:

 

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Por cuarto ano consecutivo convocamos o "Concurso de Postais de Nadal".

 

Agradecemos a súa  participación ás familias, e lembramos que as postais non se devolverán,  xa que compartiremos a vosa creatividade pola contorna:  centro de saúde, de maiores,  concello, outros centros educativos da contorna e demais entidades coas que interaccionamos... 

 

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E CREATIVIDADE FAMILIAS!!!!

 

DÍA DA ÁRBORE, AUGA E POESÍA: OS NOSOS FOTO HAIKUS

A principios de mes, dende o equipo de biblioteca lanzamos a proposta para traballar este 21 de Marzo, día da Poesía e da Árbore, e por proximidade tamén o da auga.

Propuxémoslle ás familias o seguinte:

 

 

Agás en ED. Infantil que as fotos quitáronse co alumnado no patio do colexio.  Os demais aportaron as súas fotografías ( grazas ás familias pola súa colaboración)

 

A segunda parte da actividade desenvolveuse nas aulas, coa axuda das titoras e titores, para dar lugar a uns " FOTO HAIKU" moi orixinais.

 

Aquí vos quedan as recopilacións, fixemos 2 pequenos vídeos coas imaxes, o primeiro coas creacións do alumnado de ED. Infantil ata 3º de ED. Primaria e o segundo das creacións do alumnado de 4º, 5º e 6º de ED. Primaria.

Dende o equipo de biblioteca queremos agradecer a colaboración e participación das familias e a implicación dos titores e titoras.

Agardamos que vos gusten:

 

 

 

Distribuir contido