Skip to Content

                              

libros

Francisco Fernández del Riego: celebrando as Letras Galegas 2023

Este ano adicouse o día DAS LETRAS GALEGAS ao escritor, activista e fundador da Editorial Galaxia:  Francisco Fernández del Riego.

Coma todos os anos, traballamos ao autor homenaxeado a nivel aula cos distintos materiais que atopamos na rede, especialmente os do SEMINARIO GALÁN, ( elaborados con moito xeito por varios centros educativos da provincia da Coruña), tamén tiramos dos materiais que a propia páxina da RAG pon á nosa disposición. 

Como por exemplo este pequeno vídeo sobre o homenaxeado:

 

 

Ademais deste traballo por aula, o xoves fixemos unha actividade común no patio do cole, despois da "hora de ler".

En primeiro lugar  cantamos entre todos e todas "O himno Galego", mexendo as bandeiras galegas que cada quen elaborou na súa aula.

A seguir, o alumnado do 3º ciclo de ED. Primaria presentounos unha pequena biografía do autor homenaxeado.

E posteriormente fíxose a presentación do libro colaborativo ( e lectura do mesmo) que elaborou o alumnado de ED. Primaria ( e cuns xiros moi inesperados!!!) 

Non podíamos deixar pasar este día sen entregar os premios do concurso co gallo desta data:

A calidade das propostas foi excelente, e ao xurado custoulle moito decidirse.

Finalizamos a celebración bailando ...música en galego para todos os gustos!!!

E acó vos quedan unhas poucas fotos do evento ( grazas ao profe Óscar pola reportaxe fotográfica) 

 

 

RESEÑAS "BOOKFACE" DO ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA

Continuando con esta actividade proposta polo profe Rubén, para o alumnado de sexto de ED. Primaria, aquí quedan os 3 "bookface" deste mes.

 

Ademais da foto, cada un dos protagonistas elaborou un pequeno texto , sobre o libro en cuestión:

 

 

 

El gran libro de los vampiros (Jesús)

 

Autor: Denise Despeyroux

Sinopse: É un libro que recolle 13 historias sobre vampiros, cada unha

é diferente e hai desde Drácula a outros máis descoñecidos.

 

Idade recomendada: 11-12 anos.

 

A miña opinión: a min gustoume, pero ten moitas mortes provocadas

por vampiros.

 

 

 


CAMUÑAS ( MATÍAS)

 

 

Autor: Margarita del Mazo e Charlotte Pardi.

 

 

Sinopse: O libro é dun bruxo que pensaba que nunca se cortaban as uñas, este era o bruxo Camuñas e comía nenos, un día foi a comer unha nena pero explicoulle que era o bruxo Piruxo, Camuñas volveu a casa e viuse no espello e si era o bruxo Piruxo e non comía nenos e despois foi a onde a nena e lle fixo a manicura.

 

 

Idade recomendada: Para infantil e primeiros cursos de primaria.

 

A miña opinión: É bastante bo para nenos pequenos, doulle un 9.

 

 

 

 

 

Viaxeiros (Xabier)

 

Autor: Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández.

 

Sinopse  Este libro explícache como emigran e viaxan os animais: a

tartaruga, a andoriña, o cangrexo vermello...

 

Idade recomendada: 10 anos

 

A miña opiniónÉ curioso como medio de consulta para ver como

emigran os diferentes animais.

 

 

DÍA DO LIBRO 2022: ENCONTROS CON AUTORAS.

 

 O luns 25 de abril,  ( e co gallo da conmemoración do día do libro)  o alumnado do 1º ciclo, tivemos un encontro coa escritora Isabel Bugallo y Sarria na biblioteca do cole, xa que estivemos lendo o seu  libro “La clase de 1º y el pirata Kiko” durante o segundo trimestre.

Isabel falounos dos seus protagonistas  (Breogán, María, Sofía,...) e trouxo ao loro Kiwi para que o coñeceran os rapaces.  Ademais tamén asinou o libro a todo o alumnado participante.

Foi unha xornada diferente e moi gratificante.

(Redacción do texto: Cruz, titora de 2º de ED. Primaria) 

 

 

 

 

PREPARANDO O DÍA DO LIBRO.

O próximo sábado é o DÍA DO LIBRO

Para celebrar esta data imos levar a cabo 2 actividades a nivel centro:

ED. INFANTIL: teremos un contacontos de xeito telemático o xoves día 21 moi especial.

ED. PRIMARIA: buscarán e seleccionarán unha "cita" dun libro que lles guste e "transcribirano" coa axuda das titorías,  seguindo a normativa APA, para formar un muro colaborativo con todas as citas na entrada do centro.

Para facilitar a comprensión e importancia de "citar" correctamente elaborouse unha pequena infografía que adxuntamos como arquivo PDF nesta publicación (xa que contén enderezos web) 

 

BOA LECTURA 

 

 

RECOLLIDA DE MATERIAIS E DEVOLUCIÓN DE LIBROS DA BIBLIOTECA

Queridas familias, o equipo de profesorado do centro quere comunicarvos os seguintes aspectos:

  • As familias que estades tramitando a axuda dos libros podedes traer os libros da biblioteca que tendes en préstamo nas casas. Na entrada do cole hai habilitadas unhas caixas para cada curso, onde debedes depositalos libros, xa que teñen que estar en cuarentena durante 15 días.
  • Tamén podedes traer as mochilas viaxeiras as familias que a teñades nas vosas casas.
  • Respecto aos materiais dos alumnos/as, habilitamos unhas datas para que veñades a recoller os seus materiais. Nas seguintes fotos podedes ver as datas. De todos modos, se algunha familia non puidera  vir nesas datas, intentaríamos solucionalo doutro xeito.

 

        AO ALUMNADO DE 5 ANOS XA VOS ESPECIFICARÁ A VOSA TITORA O DÍA QUE PODEDES VIR A RECOLLER O VOSO MATERIAL

 

 

Distribuir contido