Skip to Content

                              

Actividades

CÓNTAME UN MUNDO

O venres 16 de xuño viñeron a visitarnos unhas rapazas de "CÓNTAME UN MUNDO", unha xira galega pola tradición oral.

Tivemos unha sesión de títeres e contacontos ca temática da narración oral. Despois desa sesión realizouse unha serie de dinámicas para facilitar a participación do alumnado de primaria.

Pincha na imaxe para ver algunhas fotos.

 

ENTROIDO

Este curso decidimos disfrazarnos de contedores de reciclaxe. Para iso pedimos a colaboración das familias e a resposta foi que nos xuntamos cunha cantidade inmensa de plásticos que desbordou todas as nosas expectativas. Nas fotos podedes ver momentos de elaboración dos disfraces, así como do día do desfile, que fixemos un percorrido polo pobo de Boborás.

25 NOVEMBRO

25 NOVEMBRO

Fixemos unha camiñata violeta e reivindicativa ata o Concello de Boborás. As pancartas que fixemos eran con cartón de caixas, ademais dunha batucada (os instrumentos eran materiais de refugallo).


SAMAÍN 2022

Para celebrar este curso o SAMAÍN organizamos dous concursos, un de relatos terroríficos e outro de decoración de cabazas.

Ademais tamén se prepararon dous bailes. "Monstros e demais" e "Cazapantasmas".

No seguinte video podedes ver o ben que o pasamos.

CANTACONTOS MUSICADO ”DE AQUÍ PARA ALÁ”

O mércores 25 de maio tivemos unha proposta musical e teatral para o alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria; agasallo de Dinamización Lingüística.

O concerto está coordinado por Lydia Botana, autora  e directora do espectáculo, e o libro-disco coas cancións e a historia pola que xira este concerto foi editado por Edicións do Cumio.

DE AQUÍ PARA ALÁ é un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ao alumnado na procura de novos sons.

A través da música contáronnos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais. Embarcámonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir.

O formato do concerto consta dunha posta en escea musical formada por unha instrumentación variada: dende o piano, a batería, o acordeón, os bongoes, campás, … Había instrumentos típicos de cada lugar polo que iamos pasando coma a kalimba, o didgeridoo, as cunchas… xunto cun variado set de pequena percusión que abranguía dende pandeiretas, pao de choiva… e un sinfín de cacharradas que espertaron a curiosidade do  alumnado.

Fixeron partícipes ao alumnado co retrouso que nos levaba ao  seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska…

Unha divertida aventura na que descubrimos paisaxes sonoras distintas desfrutando e aprendendo ó mesmo tempo.

https://soundcloud.com/lydiabotana/sets/de-aqu-para-al-m-sica-infantil

ENTROIDO 2022

SAMAÍN 2021

No seguinte vídeo podedes ver un resumo das actividades que se fixeron no Samaín.

PROGRAMACIÓN SAMAÍN

CROMA DE ROSALÍA DE CASTRO

Este ano para conmemorar o día de Rosalía de Castro fixemos un Croma con todo o alumnado do centro.

 

Concurso de banda deseñada

Desde o Equipo de biblioteca e o EDL convócase o VI concurso de Banda deseñada no que poderedes participar todos os membros da comunidade educativa do colexio.

Os traballos realizados poderán presentarse ata o 23 de abril, día do libro. Os mellores cómic recibirán un agasallo na celebración do Día do libro, que este anóserá o 24 de abril.

Con todos os traballos elaboraremos un libro que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca e que poderedes pedir en empréstito para consultar.

O formato de presentación deberá axustarse aos seguintes modelos, feitos en formarto  A4 e sentido vertical.

Distribuir contido