Blog de biblioteca
Onte reunímonos as integrantes do Club de Lectura de Familias e profesorado para falar da nosa última lectura:
"A historia de Sara" de Francisco Castro. Un libro fermoso, sensible, que fai reflexionar e ao mesmo tempo duro . Conta coas magníficas ilustracions de Luz Beloso que son o complemento idóneo para esta breve e engaiolante historia, que non deixa indiferente.
Como podedes observar nas imaxes, onte na nosa "peculiar mesa redonda" na que falamos sobre as lecturas, tivemos entre nós ao autor da obra: Francisco Castro.
Queremos agradecerlle que se achegase ao noso cole, e compartise con nós o seu tempo, falando do seu libro, da sensibilidade coa que está escrito, de facernos ver que hai novela gráfica para adultos.
E que nos falase con franqueza, nos fixese reflexionar profundamente sobre un tema que por desgraza está máis presente do que quixéramos. E que tamén está nas nosas mans tratar de previr , apoiar e sensibilizar. Foi moi ilusionante telo con nós, e non queremos deixar de agradecerlle que se achegase ao noso centro. Aínda que onte non estabamos todas as que somos, si unha representación importante e non quixemos deixar pasar a oportunidade de tirar unha foto todas xuntas.
Reiteramos novamente o agradecemento ao autor polo seu tempo e sensibilidade e tamén á librería OZOCOgz que foi a que mediante a presentación do seu libro nos puxo en contacto.
|
|||
A segunda lectura que fixemos este curso foi "A CULPA" DE María Solar.
Un libro intenso, interesante, duro e moi complexo que nos deu para un amplo debate no que falamos moito , moito moito: dúbidas sobre a historia das protagonistas, ideas, as nosas conclusións, a variedade de opinións e o final!!!
A autora , María Solar, contestounos a todas esas dúbidas ( e eran bastantes!!!) que gravamos dende Radio Xuve e lle fixemos chegar. Aquí tedes algunhas fotos do momento, no que algunhas das participantes lle fixeron chegar as dúbidas que xurdiron entre todas:
E agora que temos as respostas, na derradeira reunión escoitarémolas todas xuntas... Non as imos poñer aquí porque non queremos facer "spoiler" por se alguén aínda non leu esta magnífica novela.
|
|||
Onte, grazas ao Consorcio Editorial Galego, e da man da "Xanela do Maxín" tivemos a sorte de desfrutar deste magnífico espectáculo en dúas quendas. Primeiro fomos o alumnado máis pequeno ( de ED. Infantil a 2º de ED. Primaria) e despois os maiores ( de 3º a 6º de ED. Primaria)
Gustounos moitísimo, tívonos "enganchad@s do comezo ata o fin, e ademais poñendo en valor a importancia da nosa cultura, música e tradicións.
Aquí deixamos unha pequena escolma fotográfica da actividade de onte:
|
|||
Lembrades a proposta que se fixo este curso no día da poesía para conmemorar o día do libro este curso??
Ao final decidimos presentalo o día das Letras Galegas, entre as actividades programadas para esa data. Representantes de cada aula saíron a lelo ante todo o centro para ver como se ía desenvolvendo esta historia misteriosa que o alumnado de 1º de ED. Primaria deu en titular " MISTERIO NA BIBLIOTECA". ( premede no enlace para acceder á publicación)
Aquí vos queda o conto colaborativo, por se o queredes desfrutar, como fixemos nós escoitándoo dos seus autores e autoras.
|
|||
Este ano adicouse o día DAS LETRAS GALEGAS ao escritor, activista e fundador da Editorial Galaxia: Francisco Fernández del Riego. Coma todos os anos, traballamos ao autor homenaxeado a nivel aula cos distintos materiais que atopamos na rede, especialmente os do SEMINARIO GALÁN, ( elaborados con moito xeito por varios centros educativos da provincia da Coruña), tamén tiramos dos materiais que a propia páxina da RAG pon á nosa disposición. Como por exemplo este pequeno vídeo sobre o homenaxeado:
Ademais deste traballo por aula, o xoves fixemos unha actividade común no patio do cole, despois da "hora de ler". En primeiro lugar cantamos entre todos e todas "O himno Galego", mexendo as bandeiras galegas que cada quen elaborou na súa aula. A seguir, o alumnado do 3º ciclo de ED. Primaria presentounos unha pequena biografía do autor homenaxeado. E posteriormente fíxose a presentación do libro colaborativo ( e lectura do mesmo) que elaborou o alumnado de ED. Primaria ( e cuns xiros moi inesperados!!!) Non podíamos deixar pasar este día sen entregar os premios do concurso co gallo desta data: A calidade das propostas foi excelente, e ao xurado custoulle moito decidirse. Finalizamos a celebración bailando ...música en galego para todos os gustos!!! E acó vos quedan unhas poucas fotos do evento ( grazas ao profe Óscar pola reportaxe fotográfica)
|
|||
Este curso, e grazas a estar dentro do programa "RADIO na Biblio" ( da Asesoría de Bibliotecas Escolares, Plambe) contamos no cole novamente ( xa nos visitou o curso pasado, e o alumnado quedou encantado!!) con Iago Gordillo.
Desta volta os cursos cos que traballou e fixo un obradoiro de Radio foron os de 3º e 5º de ED. Primaria.
Como primeira toma de contacto, explicación de conceptos básicos e resolución de dúbidas, ambas clases tiveron unha videoconferencia con el o xoves 4 de maio. Onde lles deu unha pequena e dinámica explicación, e aportoulles moitas ideas.
Despois asignoulles a cada aula ( adaptado a súa idade) unha tarefa para preparar en cada a unha das aulas. Para posteriormente este venres día 12 acercarse ao noso cole e darlle forma á súa "tarefa" convertida desta volta nun podcast. Moitas grazas a Iago polo seu tempo e por compartir a súa sabedoría con nós, ademais de facelo todo dun xeito que semella sinxelo e ademais interesantísimo. Acó vos quedan unhas poucas fotos das dúas aulas ( preparando o programa, e tamén no momento de facelo)
|
|||
Este venres estivo no noso centro Antía Yáñez e o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de poder compartir con ela o seu tempo, falando de "Plan de rescate" e ademais de facerlle moitísimas preguntas sobre o libro e mais curiosidades sobre ela.
|
|||
Este xoves día 4 comezamos coa formación sobre radio con Iago Gordillo ( gustouno tanto o curso pasado que este ano repetimos formador) Desta volta a formación vai dirixida ao alumnado de 3º de ED. Primaria ( para establecer os primeiros pasos autonomamente na radio) e para o alumnado de 5º de ED. Primaria (máis autónomo pero coa necesidade de ampliar a súa formación e coñecementos)
Como primeiro paso ambas clases fixeron unha videoconferencia con Iago , para que lles explicase conceptos básicos, testease os seus coñecementos e sobre todo coñecerse. A próxima semana, o venres día 12, Iago virá ao noso cole para traballar con estas dúas clases e ver como foi a "tarefa" que lles deixou para ese día.
Aquí vos deixamos algunhas fotos do momento da videoconferencia:
|
|||
Como xa sabedes, grazas a estar no proxecto de "Bibliotecas Creativas" ( dentro do PLAMBE e Plan Lía da Asesoría de Bibliotecas Escolares) tivemos a sorte de que Paola Guimeráns nos visitase 2 veces para facer un obradoiro co alumnado de 5º e 6º, e onte para facer outro co alumnado de 3º e 4º de ED. Primaria.
Na primeira visita, ao alumnado de 5º xurdíronlle moitas preguntas que facerlle a Paola e xa non quedaba tempo ,polo que decidiron preparar unha entrevista ( coa axuda da súa titora Asun) para poder facerlla onte en Radio Xuve. Aquí tedes unha foto da entrevistada e das entrevistadoras:
E aquí o resultado da entrevista ( grazas á profe Asun e ao profe Javi pola súa colaboración) e obviamente moitísimas grazas a Paola por deixarse entrevistar.
|
|||
A semana pasada fixemos unha proposta ás familias para conmemorar a data de hoxe: O DÍA DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR. Así:
Dende o equipo de biblioteca queremos agradecer a TODAS as familias que colaboraron e nos enviaron unha foto para compartir con nós os seus momentos de lectura, e para conmemorar o día de hoxe. Boa lectura, e bo día do libro!!
Aquí vos deixamos a escolma fotográfica:
|
|||
