Skip to Content

                              

ODS

ABRIL CONTRA O MALTRATO ANIMAL

 

Varios centros das provincias de  Pontevedra e de Ourense ( entre os que nos atopamos o CEIP Xuvencos de Boborás)  así como clínicas veterinarias e diversas entidades , colaboramos nunha dinámica intercentros de concienciación contra o maltrato animal.

(Texto elaborado pola profe M Luz, titora de 1º de ED. Primaria)

 

 

 

 

HÁBITOS SAUDABLES E SAÚDE MENTAL CON IRIA VEIGA

 

Dentro do programa LECTURA E FAMILIAS ao que nos incorporamos este curso e partindo de propostas de diversas familias (especialmente as pertencentes ao Club de Lectura de Familias e profesorado) organizamos unha segunda charla informativa impartida pola experta na materia Iria Veiga (médica psiquiátra no CHUS e divulgadora científica).

 

Desta volta, e directamente relacionado co noso PDI de centro deste curso "XUVE SAUDABLE" a charla informativa tratará a importancia  dos hábitos saudables e a saúde mental.


O vindeiro luns día 29 de abril, ás 18:30.

Estades convidados e convidadas!!! 

 

 

 

 

 

 

 

PASANDO A BOLA: XOGANDO PARA CAMBIAR

 

Onte tivemos a Celtia Figueiras no seu centro, para desenvovler esta actividade baseada no seu libro "A banda dos insectos"  grazas ao Consorcio Editorial Galego e á  compañía de teatro  "A Xanela do Maxín" da que Celtia fai parte.  

 

 

Contou coa colaboración de 10 alumnos e alumnas voluntarias de 3º ciclo de ED. Primaria para desenvolver esta representación interactiva ( na que coa axuda do público)  mediante preguntas sobre as situacións plantexadas foron resolvendo as mesmas.

 

Foi unha actividade moi interesante, que nos fixo ver e reflexionar sobre os distintos tipos de "bullying" que podemos atopar no contexto escolar.

Buscando entre todos e todas atopar as solucións e parar a pensar no que sinten os demais. Promovendo un ambiente escolar máis seguro e respectuoso.

 

Aquí quedan unhas poucas fotos do momento:

 

 

DÍAS DA ÁRBORE, AUGA E POESÍA

O pasado venres día 22 e para facer unha conmemoración conxunta dos días da Árbore, da Auga e da Poesía desenvolvimos 2 actividades:

 

En primeiro lugar, o profesorado especialista preparou experimentos nos que a protagonista principal era a AUGA, e os distintos grupos fomos rotando polos mesmos, a modo de "estacións".

Foi unha actividade moi interesante para o alumnado, que desfrutou e ao mesmo tempo aprendeu sobre as cualidades da auga.

Queda aquí un pequeno vídeo cunhas poucas fotos do momento:

 

 

 

 

Ao finalizar esta actividade, dirixímonos ao noso patio e démoslle unha aperta as árbores do noso cole.

Así baixo o lema "abraza unha árbore" sentimos o contacto coas mesmas e pasamos un rato divertido.

                          

 

Por último e isto xa a nivel aula, traballamos os CALIGRAMAS e elaboramos caligramas con formas naturais ( árbores, elementos da natureza) xa fose de xeito individual ou en equipo.

 

Por último engadir, que o xoves día 21 o alumando do 3º ciclo achegouse á Insua dos Poetas para participar con outros centros na celebración conxunta dos días da Árbore, Auga e Poesía. (Se premedes no enlace levaravos a información máis completa sobre o evento)

 

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

 

 

 

A nivel de centro imos distribuir as actividades arredor desta data en 2 días.

Mañá día 4 a actividade irá dirixida ao alumnado de ED. Infantil e 1º ciclo de ED. Primaria.

Sandra, a nai de Iria, da clase de 5º vai representar 2 contos relacionados coa diversidade e a discapacidade, ademais dunha serie de actividades de concienciación mediante o conto e a actividade lúdica. 

Moitísimas grazas a Sandra por colaborar con nós.

O martes dia 5  , unha pequena representación de ASPADISI visitará o noso centro , para desenvolver unha actividade para o 2º e 3º ciclo de ED. Primaria e tamén unha actividade de xogo na hora do recreo para todo o alumnado do centro. 

 

Por outra banda, queremos agradecer novamente a Sandra, que locutou e dobrou ao galego, un vídeo da "Seño Mica" ( co permiso da autora) sobre a diversidade : DIFERENTES.

Queremos agradecer tamén ao profe Javi xa que foi o que editou e gravou con Sandra en Radio Xuve a dobraxe do vídeo, que vos deixamos a continuación:

 

 

CONMEMORANDO O DÍA DA AUGA

Dende o equipo de biblioteca fíxose unha proposta ao profesorado "especialista" que cada un deles preparase un experimento no que a AUGA fose a protagonista para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA AUGA.

 

É fundamental concienciarnos da importancia que ten a auga nas nosas vidas ( ODS)  e especialmente o número 6: promesa de que todos e todas terían auga e saneamentos xestionados de forma segura para 2030 ( Axenda 2030)

 

Para conmemorar esta data, dun xeito lúdico os 7 grupos de alumnado pasaron, acompañados polos seus titores e titoras,  polos 7 experimentos propostos polos "especialistas" do centro.

Moitas grazas a todos e todas polo esforzo e o traballo.

Resultou unha xornada moi ilustrativa e interesante.

 

Acó vos quedan unhas poucas fotos do momento:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut