Onte tivemos a Celtia Figueiras no seu centro, para desenvovler esta actividade baseada no seu libro "A banda dos insectos" grazas ao Consorcio Editorial Galego e á compañía de teatro "A Xanela do Maxín" da que Celtia fai parte.
Contou coa colaboración de 10 alumnos e alumnas voluntarias de 3º ciclo de ED. Primaria para desenvolver esta representación interactiva ( na que coa axuda do público) mediante preguntas sobre as situacións plantexadas foron resolvendo as mesmas.
Foi unha actividade moi interesante, que nos fixo ver e reflexionar sobre os distintos tipos de "bullying" que podemos atopar no contexto escolar.
Buscando entre todos e todas atopar as solucións e parar a pensar no que sinten os demais. Promovendo un ambiente escolar máis seguro e respectuoso.
Aquí quedan unhas poucas fotos do momento:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |