Skip to Content

                              

ALUMNADO

REUNIÓN CLUB DE LECTURA DE ALUMNADO: SOBREMESAS SOBRE VERSOS

O pasado xoves día 4, reuniuse o Club de Lectura de alumnado para falar da última lectura: "Sobremesas sobre versos" de Raquel Castro

 

Comezamos falando sobre o libro, que lles pareceu, que foi o que máis lles gustou, que foi o que menos e a maioría comentaron que fixeron algunha das receitas.

Un formato de lectura distinto ao que están habituados e habituadas.

Tamén falamos sobre os seus coñecementos sobre o alzheimer e como lle explicarían que é ao alumando de ED. Infantil

Posteriormente fixemos 2 grupos para ir á Radio Xuve e gravar as preguntas que lle queren facer á autora sobre o libro, para que cando teña un momento , as resposte e escoitalas na seguinte reunión.

Mentres uns gravaban os outros estiveron xogando a algúns dos xogos de mesa que temos na biblio.

 

E coma sempre rematamos coa "merendiña" que este curso pretende ser "saudable".

 

Aquí quedan unhas poucas fotos .

 

 

1ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE ALUMNADO

O pasado luns, día 18 tivemos a primeira reunión do club de lectura de alumnado do 3º ciclo e comezamos con banda deseñada, desta volta con "Irene a Porteira" de Xulia Pisón e Óscar Losada.

 

O primeiro que fixemos , para romper un pouco o xeo foi facer 2 equipos para xogar a 2 dos xogos de mesa que nos deixaron dende o C.E.E Infanta Elena de Monforte de Lemos.

"Imagine Family" tivo moito éxito.

 

 

E "Just one" non quedou atrás...

 

 

Despois xuntámonos arredor da mesa e falamos do libro, tamén da autora e da protagonista: Irene González, unha das pioneiras do fútbol en Galicia e que sentou as bases...

 

 

 

Tamén buscamos a foto orixinal da portada, afondamos na súa biografía e falamos doutras mulleres galegas futbolistas .

Deu lugar a un debate bastante interesante, que nos fixo reflexionar un pouco.

 

 

 

 

E finalizamos cunha "merendiña" saudable.... e agardando xa a próxima lectura. 

 

 

1ª REUNIÓN DOS CLUBS DE LECTURA DE ALUMNADO: 5º e 6º

O pasado mércores 25 de Xaneiro tivemos a primeira reunión dos Clubes de Lectura de Alumnado: un en 5º e outro en 6º de ED. Primaria.

 

Repetimos a primeira actividade que fixeramos o curso pasado co alumnado do Clube ( os que estaban en 6º o curso pasado) , tivemos que retrasar a reunión porque queriamos ir andando ata o Castro de Cameixa  debido á climatoloxía adversa do final do 1º trimestre.

 

Xa que este curso iniciamos o clube coa mesma lectura, coa que o fixemos o curso pasado "Baroña ou Morte" de Pepe Carreiro.

 

As titoras de 5º e 6º ademais de facer a lectura con eles e elas na "hora de ler" traballaron a nivel de aula , e investigaron sobre os Castros.

 

 

Despois de chegar e repoñer forzas, observaron a información sobre o Castro no panel informativo e fixemos os últimos metros, para atoparnos co mesmo.

Alí fixemos un xogo, falamos un pouco do libro e despois demos conta dunha boa e saudable merenda!!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut