O pasado día 3, tivemos a sorte de poder contar no noso centro con Iria Veiga ( médica psiquiatra, divulgadora científica e colaboradora con Nós Diario entre outras moitas cousas)
Baixo o titulo "Redes sociais e saúde mental na adolescencia" explicounos diversos conceptos, como o funcionamento do cerebro dos e das adolescentes. Tamén nos aportou alguns artigos científicos con información contrastada e fixo unha inmersión na visión que temos e teñen das redes sociais ( incidindo en que somos seres "sociais" por natureza) .
Compartiu con nós tamén unha serie de artigos sobre estudos, e información contrastada sobre a temática, que resultou moi útil e ademais interesante ( apostas online e o seu "target", estatísticas, exposición de menores nas redes, uso das mesmas..)
Posteriormente abriuse a "quenda de preguntas" na que xurdiron algunhas dúbidas ou incertezas.
Finalizamos cun "pincho saudable" e dun xeito máis informal ao rematar.
Dende o equipo de biblioteca do centro queremos agradecer ás familias que participaron e a Iria Veiga por achegarse ata o noso centro.
A finais de mes contaremos novamente con ela, desta volta sobre outra temática de especial interese para nós.
Para o alumnado de ED. Infantil, o pasado xoves tivemos un contacontos fantástico.
Sandra, a mamá de Iria da clase de 3º contounos un conto, cheo de cor e maxia, cuns colaboradores e colaboradoras moi especiais: os anciáns da residencia de maiores de Beariz.
O martes fixemos unha pequena conexión para saudarnos, xa que o contacontos foi de xeito telemático, e ver que todo funcionaba correctamente, e foi moi divertido!!.
E o xoves, xa si , o gran momento do conto, que os nenos e nenas de ED. Infantil desfrutaron moitísimo, e estiveron moi atentos e atentas.
Moitísimas grazas a Sandra por esta iniciativa e a todos os axudantes e axudantas que tivo para contarnos esta historia.