A segunda lectura que fixemos este curso foi "A CULPA" DE María Solar.
Un libro intenso, interesante, duro e moi complexo que nos deu para un amplo debate no que falamos moito , moito moito: dúbidas sobre a historia das protagonistas, ideas, as nosas conclusións, a variedade de opinións e o final!!!
A autora , María Solar, contestounos a todas esas dúbidas ( e eran bastantes!!!) que gravamos dende Radio Xuve e lle fixemos chegar.
Aquí tedes algunhas fotos do momento, no que algunhas das participantes lle fixeron chegar as dúbidas que xurdiron entre todas:
E agora que temos as respostas, na derradeira reunión escoitarémolas todas xuntas...
Non as imos poñer aquí porque non queremos facer "spoiler" por se alguén aínda non leu esta magnífica novela.