Skip to Content

+ actividades

Samaín, Magosto, Nadal, Paz, Entroido, Fin de curso, Andainas

SAMAÍN 2018

Xa chegaron as noites de inverno frías, longas e terroríficas. Xa chegaron a Santa Compaña e a súa ringleira de difuntos...andade con ollo que non vos atrapen na súa fúnebre festa.

Aquí no colexio de Oia houbo moito medo pero tamén moitas actividades e moita diversión.

Celebramos o Samaín cun concurso de caras terroríficas, unha exposición de cabazas, decoramos as portas das clases, un tunel do terror e rematamos cunha gran festa de pantasmas, monstruos, bruxas, esqueletos e todo tipo de seres de ultratumba...

Atrévete e fai CLIC nas fotos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Resultado de imagen de calabazas

Resultado de imagen de tunel del terror

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MAGOSTO 2018

Outro ano máis celebramos o magosto. Subimos ao Curro da Valga uns andando e outros en bus. Ao chegar ao curro xogamos ao escondite, fixemos cabañas e comemos as castañas tod@s xunt@s.

Non podía faltar o de emporcallarnos coa borralla de asar as castañas, que día máis divertido!!!

CLICA na imaxe e verás as fotos.

FIN DE CURSO, teatro, radio e baile

O curso rematou, hai nada estábamos escoitando a primeira canción para entrar ao cole e agora xa soa a última.

("Ola, ola", Mamá Cabra; "Eva María se fué...", Fórmula V)

Foi un curso intenso, emocionante e divertido. Aprendemos sobre "O Noso Pobo", as súas costumes e tradicións, traballamos en equipo e compartimos cos compañeiros e coas compañeiras      os nosos traballos... pero sobre todo aprendemos que o máis importante é a curiosidade polo mundo que nos rodea. Para o ano seguiremos estudando e traballando con forza.

O fin de curso estivo marcado pola despedida dunha incansable colaboradora do colexio. Foi a persoa que nos fixo a vida máis fácil, máis cómoda, máis divertida, en definitiva mellor. MARUXA, botarémosche de menos. Foron vinte anos acompañando aos que pasamos polo colexio e tivemos a sorte de terche preto, coa túa dedicación, o teu esforzo, o teu compromiso, a túa paciencia... moitas grazas!

Non todo foron despedidas, nesta xornada tamén disfrutamos do teatro de 6º, da Radio Arrabal e dos bailes de "Giros".

 

Agora toca disfrutar do verán e das vacacións!

VÉMONOS EN SETEMBRO!!!

 

CLICA  na  imaxe si queres ver as fotos.

MAIOS E COPLAS DO 2018

Onte, o primeiro día do mes de maio no colexio, cantamos as coplas e bailamos arredor do maio. 

Entre tod@s recollemos flores e a ANPA encargouse de facer o maio.

Pasámolo xenial disfrutando unhas coplas cheas de chistes e bromas.

Aquí vos dixamos un par de exemplos e algunhas fotos para recordar o ben que o pasamos.

 

 

COPLA DE 5 ANOS

MAIO MAÍÑO

QUEREMOS SABER

POR QUÉ AS NOSA FLORES

CHEIRAN TAN BEN.

 

MAIO MAÍÑO

QUEREMOS SABER

POR QUÉ AS ABELLAS

FAN TANTO MEL.

 

MAIO MAÍÑO

QUEREMOS SABER

POR QUÉ AS ESTRELAS

BRILAN TAN BEN.

 

MAIO MAÍÑO

QUEREMOS XOGAR

E NESTE MAIO

IMOS BRINCAR.

 

   COPLA DE 4 ANOS

OS NENOS DE 4

QUEREMOS XOGAR

PERO A PROFE MARI

MANDA TRABALLAR.

 

NÚMEROS E LETRAS,

MÚSICA E INGLÉS

CANTAS COUSAS

TEMOS QUE APRENDER.

        

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2018

Xa rematou a festa, xa rematou o carnaval,

disfrutamos como nunca e bailamos sin parar.

Despois do desfile e as coplas, chegou o baile de parellas, o baile de entroido.

Todos acabamos nunha "conga", unidos por esta festa tan divertida.

Agora toca estudar e traballar, aí van unhas fotos para recordar.

 

(Fai clic na imaxe para ver as fotos e os videos)

 

 

Resultado de imagen de IMAGEN YOUTUBE

Resultado de imagen de imágenes youtube

 

 

 

 

 

 

 

 

Entroido 2018

 

ENTROIDO 2018

Hoxe foi un gran día,

coa presentación do meco iniciamos o entroido

no cole Mestre Manuel García

 

 

 

Mandadiños do meco

O meco dice:

As súas ordes debes acatar 

si da festa queres gozar.


 

Se os nosos manxares 

queres cociñar

o luns

un mandil traerás.

 

A Cabo  Silleiro

o martes irás pescar

e algo na cabeza

terás que levar.

 

O mércores, si por Oia

a Santiago queres ir

con algo de peregrino

tes que vir.

 

Xoves, a vierxe do mar

imos festexar

con garabata ou colar

polo patio pasearás.

 

 

NADAL 2018

XA CHEGOU O NADAL

DEIXOUNOS UNHAS MARAVILLOSAS ACTUACIÓNS

A VISITA DOS REIS MAGOS

E UNHAS VACACIÓNS ESTUPENDAS

Fai click aquí si queres ver fotos da celebración.

 

 

SAMAÍN 2017

O SAMAÍN chegou e a sangue nos conxelou.

Polo cole apareceron, catrinas, bruxas, demos, monstruos, vampiros e vampiras, momias e todo tipo de seres terroríficos...a festa estaba servida.

Comezouse a escoitar unha marcha fúnebre e o alumnado de 4º coa súa comparsa foi invitando aos distintos cursos a visitar o "pequeno museo do terror". Alí os nenos e nenas de 5º e 6º deixáronnos tremendo de medo coa súa exposición terrorífica.

Co medo no corpo chegou a hora de comer...sesos?, sangue?, tripas humanas?, noooo!!! Foi unha merenda riquísima preparada polos pais e nais e que devoramos como lobos e lobas.

Despois chegou a hora de facer as fotos e bailar ao ritmo da música siniestra. Que día máis divertido!

Aquí tedes unhas cuantas fotos para disfrutar e recordar.

Aquí quedan os videos da festa e do "Museo dos pequenos horrores". 

 

CONCURSO DE CABACIÑAS

Xa temos as cabaciñas gañadoras deste ano. O alumnado, despois de axustada votación, decidiu dar os premios aos seguintes concursantes:

 

  • CABAZA MÁIS TERRORÍFICA - Lara Balboa (5º)

 

  • CABAZA MÁIS ORIXINAL - Samuel Rodríguez (5anos)

 

  • CABAZA MÁIS SIMPÁTICA -Inés Castro (3º)

 

Outras cabazas que tamén recibiron mención foron:

  • 3 anos - Pedro Rodríguez                                                1º - Sara Liébanas                                              4º - Ainara Lomba
  • 4 anos - Carlota Moreira                                                 2º - Leire da Silva                                               5º - Noa Español
  • 5 anos - Daniela Domínguez                                           3º - Xan Fernández                                             6º - María Alonso

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut