“Rompamos barreiras polo autismo, fagamos una sociedade máis accesible”
Con motivo do día do autismo, celebramos unha semana de actividades relacionadas co Trastorno do Espectro Autista (TEA). Os obxectivos específicos abarcaban un máis xeral que se centrou en saber que podemos facer como compañeiros/as con alumnos/as con TEA, para facilitarlles o seu día a día no centro escolar.
Así, entre outras actividades como a análise de vídeos, a realización de murais, o traballo en equipo e xogos con pictogramas, servíronnos para aprender e concienciarnos sobre o papel que cada un de nós temos para facer, que cada gran sume na atención á diversidade.
Finalmente, tal e como se reflicte nas seguintes fotografías, o alumnado pintamos as nosas mans de cor azul e rompemos barreiras polo autismo. Todo iso, como símbolo de unión e de compromiso para o logro da tolerancia, o respecto e a inclusión.
Durante este mes de novembro, leváronse a cabo una serie de actividades orientadas a fomentar o espíritu crítico do alumnado para a igualdade de xénero.
Estas actividades foron impartidas por Mirian Méndez , dende Talentea, e por Rosario Miletich, educadora familiar do concello.
Ao final dos talleres, o día 25, coincidindo co “día internacional contra a violencia do xénero” foron premiados os mellores debuxos e relatos que fixeron os alumnos e as alumnas como reflexión da importancia da coeducación.