Skip to Content

+ actividades

Samaín, Magosto, Nadal, Paz, Entroido, Fin de curso, Andainas

PDI: A VOLTA Ó MUNDO

O alumnado de 4º de E.P. estivo traballando no proxecto documental integrado do noso centro. O cal nos permitiu contribuír ao desenvolvemento das competencias, xa que traballamos todas elas dun xeito transversal e interdisciplinar.

Mediante o vídeo que se presenta a continuación poden observar unha breve síntese do gran traballo efectuado por todas e todos eles.

 

 

UNHA AVENTURA MÁXICA

As nenas e nenos de 4º de E.P. levan varios meses traballando na elaboración dun conto colectivo. Onde cada unha e cada un puido fomentar a súa creatividade, autonomía e responsabilidade, como consecuencia da súa elaboración.

Tal como anunciamos na revista escolar, estábamos argallando unha sorpresa. E chegou o momento de dicir cal é:

Gravamos o noso primeiro pódcast!!!


 

O noso primeiro pódcast contén o noso conto titulado “Unha aventura máxica”.

Este venres xa o puidemos escoitar en primicia no tempo de recreo e actualmente está dispoñible no apartado de radio da web do noso cole para que todas e todos poidades desfrutar da nosa historia.

Se desexan coñecer aos personaxes desta apaixonante historia tan só teñen que visualizar o seguinte vídeo:

 

 

 

Esperamos que vos guste!!

SEMANA DO CIRCO

Álbum: CURSO 21-22 -> CIRCO

SAÍDA AFUNDACIÓN 4º E.P.

Hoxe, 25 de abril de 2022,  acudimos a exposición "Dragóns a 1000 graos. Viaxe ao centro dun volcán" organizada pola Afundación.

Puidemos gozar dunha xornada diferente e chea de novidades. Ao final da actividade estivemos intercambiando opinións e, en xeral,  desfrutamos moito da experiencia de realidade virtual.

Foi incríbel!!

 

MOSTRA DE ARTESANÍA

Co gaio da conmemoración da Semana Europea da Artesanía, artesáns da contorna fixéronnos unha visita para amosarnos a arte do seus oficios e a importante labor de conservación das tradicións culturais propias do noso pobo. Un verdadeiro privilexio contar con eles e elas no noso centro. Esperámosvos en vindeiras edicións!

Clica no álbum para ver imaxes da actividade:

Álbum: CURSO 21-22 -> OBRADOIRO ARTESANÍA

ENTROIDO 2022

Álbum: CURSO 2022-2023 -> ENTROIDO 2022

AXENDA ACTIVIDADES 2º T

Iranse confirmando e informando de datas e horarios a través de Abalar.

POR UN MUNDO EN PAZ

Para conmemorar o día da Paz realizamos unha xuntanza de delegados onde decidimos poñerlle moita música, cor e boas palabras a este fermoso día.

Fixemos unha selección e exposición de contos relacionados coa paz, o benestar emocional, a non violencia, a convivencia...

O mundo foise enchendo de cores e escoitamos cancións da paz no recreo que seleccionamos en cada aula.

O noso planeta comezou a encherse de palabras fermosas por todos os continentes...

Ata ocupar mares, océanos, países, illas...

E para rematar recollemos os nosos biblicromos do día da paz e a non violencia:

 

 

Sorpresa!!

Acabamos o ano 2021 con moitas baixas pero cada un e cada unha de vos segue presente na nosa aula cada día.

Esperamos vervos pronto. Os vosos vídeos dende a casa fixeronnos moi felices. Quedamos tranquilos de ver o ben que estades e todas as cousas que estades facendo.

VEMONOS MOI PRONTO AMIGAS E AMIGOS!!

Distribuir contido


by Dr. Radut