Skip to Content

+ actividades

Samaín, Magosto, Nadal, Paz, Entroido, Fin de curso, Andainas

LETRAS GALEGAS 2020 - RICARDO CALRVALHO CALERO

O blog de Mimi: 2020

Dende o departamento de Dinamización lingüistica propóñennos a interpretación do conto de Ricardo Carvalho Calero, "as pitas baixo a choiva" e facer historias, debuxos ou manualidades relacionadas co conto para despois xuntar todas as creacións nun cartafol.

Abaixo tedes dúas versións do conto para que vos inspiredes.

Apertas dende a distancia e moito ánimo que pronto voveremos a xuntarnos!

VERSIÓN ORIXINAL:

 D:\Usuario\Desktop\CARVALHO CAL

 VERSIÓN ADAPTADA:

O blog de Mimi: 2020

DÍA DA PAZ 2020

Para conmemorar o día da paz no noso cole, estivemos recollendo alimentos non perecedeiros para colaborar coa asociación SOS TOMIÑO BAIXO MIÑO no que axudan a moita xente de Tomiño, Tui, O Rosal e Oia. No noso concello están axudando a 20 familias.

No colexio recaudamos 300 kg que llos demos a esa asociación, moitas grazas a todo o alumnado e profesorado pola labor feita.

Tamén fixemos un baile sobre a canción da violencia de xénero, "Depende de los 2". Foi tan famosa que ata aparece en "Just Dance".

LUCÍA FAJAR de 5º de primaria.

 

SORTEO DE LOTERIA DE NADAL

O trimestre rematou e por sorte este ano tivemos un sorteo de lotería moi especial. No Centro Cultural de Mougas fixemos entre todos unha bonita celebración na que o mellor foi a lotería que os nenos de 6º prepararon con tanto agarimo. Había nenos e nenas cantores, mesa para comprobar os números e premios para todos. O noso número foi o máis afortunado xa que nos tocaron agarimos, bicos, abrazos e bos desexos para todos os nosos amigos.

Fai CLIC na imaxe si queres ver algunhas fotos

Resultado de imaxes para sorteo navidad

 

O APALPADOR VISITA O NOSO COLE

Que sorpresa levamos o mércores, nos chamaron para baixar á biblioteca e alí vimos ao Apalpador, recén chegado das fragas do Courel.

Non era un Apalpador normal e corriente, deses que teñen máis de 200 anos, non. Era un Apalpador dos noviños, un aprendiz con tan só 125 anos. Pero xa o facía bastante ben e nos contou e cantou un montón de historias.

O Apalpador, tamén coñecido como Pandigueiror na comarca de Trives é a figura mítica dun carboeiro do leste de Galicia que baixa da montaña nas noites do 24 e 31 de decembro a tocar a barriga para ver si comeron o suficiente durante todo o ano, deixando un montón de castañas, eventualmente algún regalo e desexando que teñan un ano novo cheo de ledicia e comida. Eso sí ensinounos que debemos comer san e debemos coidar moito o planeta.

Cicla AQUÍ si queres ver máis fotos.

FESTA DO SAMAÍN 2019

A festa máis terrorífica chega ao cole de Oia.

O pasado día 30 de outubro foi a festa do Samaín no noso colexio. Este ano fixémola no ximnasio onde os nenos e as nenas de 6º interpretaron o "Tunel do Terror". Qué medo!!! Unha vez pasado o mal trago desfilamos por clases e bailamos todos e todas xuntos dentro do ximnasio.

Días antes cada clase decorou unha cabaza. Puxéronse nas portas das clases, decoradas para esta ocasión. Cada neno levou a súa parte dunha merenda terroríficamente deliciosa que disfrutamos no comedor.

Clica AQUÍ si queres ver as fotos e os videos.

ÉDGAR, INÉS e LUCÍA 5º de primaria.

MAGOSTO 2019

CHEGOU O MAGOSTO

Onte, día 22 de outubro de 2019, subimos ao Curro da Valga para celebrar o Magosto. Por primeira vez o noso curso (3º) subimos andando ata o curro. A subida foi moi cansada pero divertida.

Ao chegar arriba pasámolo moi ben facendo cabañas, xogando cos amigos e comendo castañas. Antes de marchar tiznámonos coa borralla da fogueira e Pablo dice que eran as sete da tarde e ainda tiña a cara sucia e carbón nos bolsillos. Gael dice que colleu moitas landras e que foi unha pena que Carla non subira.

Si queres ver máis fotos clica na imaxe.

Ata logo amigos!

CARLA, PABLO e GAEL de 3º de primaria.

ENTROIDO 2019

No patio do colexio empeza o Carnaval

será por eso que se ven disfraces por aquí e por acolá!

As nenas, os nenos e os profes...están preparados xa!

Todo o mundo polo pobo empezou a desfilar.

Vivimos a festa con moita alegría e goce

pois debaixo do disfraz hoxe nadie nos conece.

Esta vez nos disfrazamos de pintores e artistas,

si queres saber quén son mira ben a lista:

(fai CLIC nos cursos e verás a foto)

3 ANOS - Monet 1º PRI - Sorolla

4º PRI - Miró

4 ANOS - Picasso 2º PRI - Leonid Afrèmov 5º PRI - Hervé Tullet
5 ANOS - Yayoi Kusama 3º PRI - Van Gogh 6º PRI - Takashi Murakami

DÍA DA PAZ 2019

Este ano a celebración do Día da Paz estivo marcado pola mala meteoroloxía. Tíñamos prevista unha actividade para facer voar cometas decoradas pero foi imposible polo mal tempo. Aínda así cantamos a canción de Paco Nogueiras "Apertas que voan". foi moi divertido e bailamos todo@s xuntos dándonos un monton de apertas.

CLICA NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

CHEGOU O NADAL

As vacacións de Nadal chegaron coma tódolos anos...coma tódolos anos? Non este ano antes de despedirnos fixemos unha festa de fin de ano para poder celebralo cos nosos amigos e amigas do cole. Foi divertidísimo, todos elegantes, bailando con boa música, escoitando o espetáculo das 12 uvas e ata tomando o chocolate con churros.

De remate aparecer as súas maxestades reais de oriente, déronnos agasallos e sobre todo peguntáronnos si nos portamos ben durante o ano, ui, ui, ui!!!

Clica AQUÍ si queres ver máis fotos

        

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No C.E.I.P. Mestre Manuel García tamén celebramos o día internacional contra a violencia de xénero...por unhas mulleres libres, sin medos, sin discriminación, cun traballo digno, respetada e feliz.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut