Skip to Content

+ actividades

Samaín, Magosto, Nadal, Paz, Entroido, Fin de curso, Andainas

NADAL EN 2º

Chegou o Nadal a nosa clase!!
 
Fixemos casiñas de cores, coas súas fiestras e todo!! Transformámosnos en elfos e elfas coidando o noso calendario de advento. Un calendario moi especial. NON QUEDA NADA PARA O DÍA DE NADAL!! Que emoción!!
Tamén decoramos as nosas propias árbores de Nadal e... seguimos argallando nalgunhas decoracións máis. Que vos parece?
 

SOLIDARIEDADE

Esta semana fixemos unha campaña de recollida de leite e cacao para o banco de alimentos de SosTomiño-Baixo Miño, que atende a familias desfavorecidas da contorna.

Estas son ás vosas aportacións. GRACIAS FAMILIAS pola vosa solidariedade

MAGOSTO 2021

Para celebrar o MAGOSTO, ademáis das músicas do timbre e de distintas actividades nas aulas, o 11 de novembro, San Martiño, tivemos unha merenda moi especial.

Castañas asadas, galletas e chocolate, como lembranza das subidas ao monte da Valga que fixemos noutras ocacións.

    

 

ANDAINA OUTONAL

Chega o outono, os cogomelos e as castañas. Como tódolos anos chega tamén o día da andaina polos montes de Oia. Este ano non fixemos a subida ao curro, este ano subimos en autobús e comezamos a camiñar dende o Curro da Valga. Foi umha xornada espectacular e chegamos ata cerca do Campo do Couto e a Poza dos Corvos. Fomos a un ritmo moi vivo e aínda nos deu tempo a facer unhas cabañas. Que divertido!!! Esperemos ter moitas máis andainas coma este!!!

MARIA PITA

MARIA PITA

Aos alumnos e alumnas de primeiro comprácenos presentarvos a nosa primeira obra musical. Unha cantiga que nos encanta, nos alegra e da cal aprendemos un montón.

Unha cantiga transformada en obra teatral e baile mediante a cal descubrimos a Maria Pita dunha forma moi divertida.

Mulleres extraordinarias

Hoxe é 8 de marzo, día internacional da muller.

Para conmemorar este día tan importante, os estudantes de terceiro fixeron este súper mega Padlet sobre mulleres.

Queres coñecelas? Fai clic na imaxe e coñecerás a mulleres que non permitiron que lles privaran da súa liberdade de adicarse e practicar aquilo que querían e desexaban.

Adiante!

PASIÑO A PASIÑO, FACEMOS O CAMIÑO.

Magos e magas de primeiro, transformámonos en peregrinos para descubrir a maxia do camiño. Acompañádenos!!! Sorriso

Catedral, Catedral - Versión 6°

Esta é a versión da famosa cantiga "carnaval, carnaval" de Georgie Dann que realizamos o alumnado de 6º na materia de Educación Musical, coa temática do Camiño de Santiago Guay

Con todos e todas vos... ¡¡Catedral, Catedral!! e a mooooooover o coooooorpo.

Expresión corporal - Poder comunicativo da música

A música é unha linguaxe, e como tal, aprendemos a escoitala, a entendela e a empregala para expresarnos, neste caso, mediante o noso corpo e diferentes tipos de movementos, tempos, expresións, e incluso empregando diferentes roupas e cores. 

E vos, cómo empregades este idioma universal?

Distribuir contido


by Dr. Radut