Skip to Content

+ actividades

Samaín, Magosto, Nadal, Paz, Entroido, Fin de curso, Andainas

GALA FIN DE CURSO "ALUCINE"

PARA CELEBRAR O REMATE DE CURSO CONVIDAMOS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA Á GALA FIN DE CURSO "ALUCINE" ONDE PODEREMOS GOZAR DAS PRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS CREADAS POLO ALUMNADO AO LONGO DO ANO.

ESTE FESTIVAL DE CURTAS REALIZARASE O MÉRCORES 21 DE XUÑO, DE 10:30 A 12:00, NA CASA CULTURAL DE MOUGÁS.

ANIMÁDEVOS A ASISTIR!!!

NAVEGA CON RUMBO

Co obxectivo de concienciar ao alumnado  no uso responsable de Internet e as redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura, no día de hoxe os nenos e nenas de 5º e 6º de EP tiveron unha charla no marco do proxecto "Navega con Rumbo".

DÍA DA ARTESANÍA - OBRADOIROS

O martes 28 de marzo desenvolveuse unha xornada de talleres para todo o centro, organizada polo Concello de Oia, en colaboración coa ANPA e Artesanía de Galicia. O alumnado puido aprender de oficios relacionados co coiro, cerámica, papiroflexia, macramé ou xoiaría.

 

Álbum: CURSO 2022-2023 -> OBRADOIROS ARTESANÍA

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

UN NOVO MURAL NA ESCOLA!

O luns 13 de marzo, logo de traballar nas aulas a temática da concienciación ambiental,  o centro participou nunha actividade dirixida pola Fundación Abanca que consistía no pintado dun mural e bolsas de teas con pinturas ecolóxicas.

Álbum: CURSO 2022-2023 -> PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

O GRAN CAMIÑO

PROBA CICLISTA O GRAN CAMIÑO

Este venres 24 de febreiro tivemos a oportunidade de gozar como espectadores da proba ciclista galega "O Gran Camiño" que pasou polo noso concello a carón do cole.

ENTROIDO 2023

Álbum: CURSO 2022-2023 -> ENTROIDO 2023
Distribuir contido


by Dr. Radut