Skip to Content

O APALPADOR VISITA O NOSO COLE

Que sorpresa levamos o mércores, nos chamaron para baixar á biblioteca e alí vimos ao Apalpador, recén chegado das fragas do Courel.

Non era un Apalpador normal e corriente, deses que teñen máis de 200 anos, non. Era un Apalpador dos noviños, un aprendiz con tan só 125 anos. Pero xa o facía bastante ben e nos contou e cantou un montón de historias.

O Apalpador, tamén coñecido como Pandigueiror na comarca de Trives é a figura mítica dun carboeiro do leste de Galicia que baixa da montaña nas noites do 24 e 31 de decembro a tocar a barriga para ver si comeron o suficiente durante todo o ano, deixando un montón de castañas, eventualmente algún regalo e desexando que teñan un ano novo cheo de ledicia e comida. Eso sí ensinounos que debemos comer san e debemos coidar moito o planeta.

Cicla AQUÍ si queres ver máis fotos.



page | by Dr. Radut