Skip to Content

nadal

FESTIVAL DE NADAL 2020

FESTIVAL DE NADAL 2020

 

O APALPADOR VISITA OIA

O pasado día 22, o Apalpador visitou o noso cole. Foi clase por clase contando a súa historia e explicándolle aos nenos a importancia de comer san e coidar os nosos bosques. 

Agora temos que esperar ata o día 24 ou 31 para ver se nos deixa algún agasallo 

(Música: Malvela "A cantiga do Apalpador")

NADAL 2020

ESTA É A ÁRBORE DE NADAL QUE FIXEMOS OS NENOS E NENAS DO COLEXIO. EMPREGAMOS TRIÁNGULOS EQUILÁTEROS DECORADOS DE FORMAS MOI CREATIVAS E CON DIFERENTES TÉCNICAS. É UNHA ÁRBORE XIGANTE.

SORTEO DE LOTERIA DE NADAL

O trimestre rematou e por sorte este ano tivemos un sorteo de lotería moi especial. No Centro Cultural de Mougas fixemos entre todos unha bonita celebración na que o mellor foi a lotería que os nenos de 6º prepararon con tanto agarimo. Había nenos e nenas cantores, mesa para comprobar os números e premios para todos. O noso número foi o máis afortunado xa que nos tocaron agarimos, bicos, abrazos e bos desexos para todos os nosos amigos.

Fai CLIC na imaxe si queres ver algunhas fotos

Resultado de imaxes para sorteo navidad

 

O APALPADOR VISITA O NOSO COLE

Que sorpresa levamos o mércores, nos chamaron para baixar á biblioteca e alí vimos ao Apalpador, recén chegado das fragas do Courel.

Non era un Apalpador normal e corriente, deses que teñen máis de 200 anos, non. Era un Apalpador dos noviños, un aprendiz con tan só 125 anos. Pero xa o facía bastante ben e nos contou e cantou un montón de historias.

O Apalpador, tamén coñecido como Pandigueiror na comarca de Trives é a figura mítica dun carboeiro do leste de Galicia que baixa da montaña nas noites do 24 e 31 de decembro a tocar a barriga para ver si comeron o suficiente durante todo o ano, deixando un montón de castañas, eventualmente algún regalo e desexando que teñan un ano novo cheo de ledicia e comida. Eso sí ensinounos que debemos comer san e debemos coidar moito o planeta.

Cicla AQUÍ si queres ver máis fotos.

CHEGOU O NADAL

As vacacións de Nadal chegaron coma tódolos anos...coma tódolos anos? Non este ano antes de despedirnos fixemos unha festa de fin de ano para poder celebralo cos nosos amigos e amigas do cole. Foi divertidísimo, todos elegantes, bailando con boa música, escoitando o espetáculo das 12 uvas e ata tomando o chocolate con churros.

De remate aparecer as súas maxestades reais de oriente, déronnos agasallos e sobre todo peguntáronnos si nos portamos ben durante o ano, ui, ui, ui!!!

Clica AQUÍ si queres ver máis fotos

        

NADAL 2018

XA CHEGOU O NADAL

DEIXOUNOS UNHAS MARAVILLOSAS ACTUACIÓNS

A VISITA DOS REIS MAGOS

E UNHAS VACACIÓNS ESTUPENDAS

Fai click aquí si queres ver fotos da celebración.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut