Skip to Content

FIN DE CURSO, teatro, radio e baile

O curso rematou, hai nada estábamos escoitando a primeira canción para entrar ao cole e agora xa soa a última.

("Ola, ola", Mamá Cabra; "Eva María se fué...", Fórmula V)

Foi un curso intenso, emocionante e divertido. Aprendemos sobre "O Noso Pobo", as súas costumes e tradicións, traballamos en equipo e compartimos cos compañeiros e coas compañeiras      os nosos traballos... pero sobre todo aprendemos que o máis importante é a curiosidade polo mundo que nos rodea. Para o ano seguiremos estudando e traballando con forza.

O fin de curso estivo marcado pola despedida dunha incansable colaboradora do colexio. Foi a persoa que nos fixo a vida máis fácil, máis cómoda, máis divertida, en definitiva mellor. MARUXA, botarémosche de menos. Foron vinte anos acompañando aos que pasamos polo colexio e tivemos a sorte de terche preto, coa túa dedicación, o teu esforzo, o teu compromiso, a túa paciencia... moitas grazas!

Non todo foron despedidas, nesta xornada tamén disfrutamos do teatro de 6º, da Radio Arrabal e dos bailes de "Giros".

 

Agora toca disfrutar do verán e das vacacións!

VÉMONOS EN SETEMBRO!!!

 

CLICA  na  imaxe si queres ver as fotos.



page | by Dr. Radut