Premio "CEIP Manuel Sueiro"

Novas sobre o certame que organiza o noso cole

VI Concurso Escolar de carteis relacionados coa Doazón e os Transplantes. A VIDA AGROMA POR TI

 vida_agroma

A VIDA AGROMA POR TI

A implicación da comunidade educativa do Sueiro nas causas máis xustas esténdese no tempo: Colaboramos en recollida de alimentos, xoguetes, roupa; participamos en campañas promovidas por UNICEF e SAVE THE CHILDREN.

E demos un paso máis ao participar no VI Concurso Escolar de Carteis relacionados coa DOAZÓN e os TRANSPLANTES organizado pola Coordinación Autonómica de Transplantes (ADOS).

Tivemos acceso a recursos educativos na seguinte ligazón:
https://www.sergas.es/Doazon-e-Transplantes/Proxecto-Salvavidas-Primaria?idioma=ga

Os alumnos/as de 5º Educación Primaria decidiron participar cun cartel pondo en valor a doazón e o posterior transplante de corazón porque  entenden que este órgano é o motor da nosa vida. Non hai maior xesto de xenerosidade que doar VIDA.

O primeiro paso foi a elaboración dun “colaxe” sobre un debuxo dun corazón. Esta técnica minuciosa de busca do papel axeitado, o recortado en pequenos cachos e a colocación de cada un deses pequenos papeis, representa a paciencia que precisan os  doentes á espera dun corazón e tamén a calma e a tranquilidade das persoas que coa súa xenerosidade doan ese órgano nun intre tan doloroso.

No segundo paso do traballo, cubriron o colaxe con flores de papel. Con elas pretenden amosar a esperanza dunha nova vida para as persoas receptoras do órgano.

E por último decidiron o título: “A vida agroma por ti”. Se un gromo anuncia a chegada da primavera en flores e árbores, o corazón doado representa ese anuncio dunha nova oportunidade de vida. E o remate da frase, “... por ti”  fai referencia á xenerosidade da persoa e familiares doantes.

Fomos felices coa nosa participación pero aínda máis coa nova de que o noso cartel foi o gañador desta edición.

PARABÉNS AOS CORAZÓNS XENEROSOS!

vida_galeria

1º Premio Rexional do Exército

1º PREMIO FASE REXIONAL

Por cuarto ano consecutivo, o alumnado de 5º E. Primaria acadou o 1º PREMIO na súa "FASE REGIONAL" dos "Premios Ejército 2024", obtendo así o pase á Fase Nacional da que resultaron gañadores os dous últimos anos.

No curso 2020-2021 gañaron por primeira vez a Fase Rexional e quedaron finalistas na Fase Nacional cun proxecto titulado “SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS”, no que destacaron o traballo que mulleres e homes da Base Gabriel de Castilla desenvolven na Antártida, coidando ese ecosistema tan fráxil.

No curso 2021-2022 acadaron o 1º premio na súa Fase Nacional co proxecto “DE BASE A BASE E LEO PORQUE ME TOCA”. Nesa ocasión o proxecto poñía de relevo a importancia do persoal da Base Cid Campeador na escavación no xacemento de Atapuerca.

O curso 2022-2023 decidimos valorar o traballo do persoal da Base Oroel San Bernardo en Jaca a prol da inclusión das persoas con discapacidade visual cun proxecto títulado “MIRANDO SIN VER”.

Este curso o proxecto gañador leva por título “MIS PIES JUNTO A LOS TUYOS”, destacando o coidado dos máis débiles, en especial, nenos e nenas nas zonas de conflito internacional. E onde son precisos axudan na construción de pozos de auga potable, protección de almacéns de alimentos, creación de hospitais, ...

Despois do fallo do xurado nacional daremos conta de todo o noso traballo, resulte gañador ou non.

MOITA SORTE!

1º Premio Rexional

 

 

Concurso literario Manuel Sueiro

O venres 5 de xuño tivo lugar a entrega de premios da 2ª edición do Concurso literario Manuel Sueiro que organiza o CEIP Manuel Sueiro de Ourense.

O principal obxectivo deste concurso é introducir ao alumnado no pracer e gusto pola lectura, en tempos de lecer, buscando sempre que se asimile o que se le.

Nesta ocasión, o libro escollido foi o de "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar". Un libro que está escrito como unha fábula que critica o mal que se xestiona e coida o mundo. Nel trátanse valores como a amizade, lealdade, perseveranza, honor,.... e como na nosa vida se complementa o saber coa experiencia.

Na entrega de premios estiveron presentes: a Concelleira de Educación, Ana Garrido; o Inspector da Consellería de Educación, Roberto Cid Galante; o Director do CFR de Ourense, José Domínguez; membros do xurado Baldomero Moreiras (Pintor artístico) e José Ramón Fdez Morgade (Presidente do Círculo Poético ourensán. Asemade, tamén estiverón representados no acto todos os sectores da nosa comunidade educativa para acompañar aos representantes dos colexios que resultaron premiados nesta edición.

A elección dos  traballos premiados foi moi díficil para o xurado do Concurso debido á gran calidade de todos eles. Resultou gañador á "Mellor adaptación de obra literaria universal" o traballo realizado polo CEIP Curros Enríquez de Celanova. Segundo os membros do xurado, o que fixo que este destacase, ante os demais traballos presentados, foi a transformación que fixeron do libro orixinal, escrito en prosa, nun texto poético ilustrado.

O CEE O Pino tamén resultou premiado pola orixinalidade do traballo presentado.

Ao remate da entrega de premios, o alumnado do CEIP Curros Enríquez de Celanova fixo entrega dun agasallo á Directora do noso centro consistente en tres exemplares dun fantántico libro, titulado "A carballeira do tempo", que realizou o alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria de dito centro.

GALERÍA DE IMAXES DO ACTO

 Preme para ver a Galería de imaxes

II Concurso "CEIP Manuel Sueiro"

Este premio, para centros de EI, EP e CEE, naceu co fin de que os nosos nenos e nenas se interesen pola lectura e se mergullen no placer de leren e escribiren, ofrecendo a oportunidade de facer visible as capacidades artísticas dos nosos pequenos unindo a literatura e as artes plásticas.

Ao mesmo tempo, tratamos de fomentar   en grupo, tanto na   aula, no ciclo ou no  centro, mesturando diferentes niveis educativos e buscando a  implicación do maior número posible de alumnado e profesorado.

Consiste en elaborar unha ADAPTACIÓN CON TEXTO E ILUSTRACIÓNS DUNHA OBRA DA LITERATURA UNIVERSAL que elixirá o Departamento de Biblioteca  e o Equipo de Normalización Lingüística do CEIP Manuel Sueiro de Ourense.

BASES PARA PARTICIPAR


  1. Participantes: Poderá participar o alumnado  de infantil e primaria.   Cada centro pode presentar un ou varios traballos.
  2. Tema: Este ano a obra para a adaptación  será “Historia de una gaviota y de un gato que le enseñó a volar” (Luís Sepúlveda)
  3. Idioma e formato: A adaptación da obra será en lingua galega, terá un formato A4 e a  técnica  será libre.
  4. Entrega: No dorso do material deberá figurar o pseudónimo dos autores. Na entrega incluirase un sobre pechado cos datos do centro participante: nome do centro, enderezo, correo electrónico.  A entrega farase por correo con acuse de recibo, ao enderezo do centro organizador:
                    CEIP Manuel Sueiro// rúa Escultor Failde, 21// 32004 Ourense.
  5. Prazo: Os traballos deberán entregarse antes do 1 de maio de 2014.
  6. Fallo: Realizarase nunha única fase. Contará cun xurado composto por persoas relacionadas coas artes e coas letras.
    O xurado valorará:
    • A creatividade artística e composición.
    • A integración e adaptación do texto á obra final.
  7. Premios: Haberá un único premio que consistirá en 100 euros para investir en libros; ademais farase unha exposición do traballo  no Centro, publicarase na páxina web do colexio así coma a  reprodución  dun exemplar para cada un dos participantes do traballo gañador, e varios exemplares para a biblioteca do centro.
  8. A obra gañadora quedará no colexio organizador pasando a formar parte dos fondos da biblioteca.
  9. Calquera aspecto non previsto nestas bases será resolto pola dirección do centro.
  10. A participación no concurso supón a  aceptación destas bases.

INSCRIPCIÓNS


Enviando un correo electrónico, indicando o desexo de participar a:
                ceip.manuel.sueiro@edu.xunta.es á atención do Equipo de Biblioteca

Vídeo da entrega de premios da edición do ano pasado a cargo do Conselleiro de Educación e Cultura


 

Descargar bases en pdf

Distribuir contido