Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo, e o menor dos cinco irmáns.
Estudou a primaria e o bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas.
Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Valladolid traballou como pasante nun bufete do Barco de Valdeorras, comarca á que lle dedicou no ano 1934 o seu primeiro libro, Bebedeiras.
Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México, país no que desenvolveu unha intensa actividade cultural en defensa do idioma galego.
Faleceu en California un 14 de maio de 1987, cando visita unha das súas fillas.
Recuperado do Seminario Galán